O Concello de Celanova respondeu á demanda deste Comité para protexer a pintada «Adiante Semanario», que fai parte da fachada do Mosteiro de Celanova e da Praza Maior de Celanova desde tempos das Mocedades Galeguistas, fundadas por Celso Emilio e Pepe Velo, entre outros, durante a Segunda República e que tiveron como un dos órganos de expresión a publicación Adiante Semanario.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova agradece a resposta inmediata do Concello de Celanova, e anima ás institucións políticas e educativas a divulgar entre a veciñanza a historia que está detrás desa pintada e o que representa para o acervo cultural da vila.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova lembra que o Mosteiro de Celanova goza da protección como BIC desde 1949 e reclamará unha protección equivalente tamén para este elemento.

Único número do ‘Adiante Semanario’.

ARTIGO DEBALDO RAMOS (membro deste Comité) en adiante.gal en MAIO do 2018.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario