Hoxe cúmprense 88 anos desde que, por orde do Gobernador Civil de Ourense, o domingo 15 de marzo de 1936 quedou constituída a nova corporación municipal de Celanova con doce representantes das distintas forzas da Fronte Popular.
“A corporación frentepopulista de Celanova estaba cargada de ideas e ganas de traballar. Porén, a súa estancia á fronte do Concello de Celanova só durou uns catro meses, posto que se viu truncada definitivamente coa cuartelada de xullo de 1936, acabando boa parte dos seus membros entre os muros do mosteiro-prisión, desterrados, encarcerados, sancionados, expropiados e exiliados”, escribe o historiador Pablo Sánchez nunha publicación na web do Comité hai agora tres anos.
Após do golpe de Estado, daqueles doce homes -Benito Cancela, Enrique López Molina, José Borrajo Nogueira, Abel Carvajales Gutiérrez, Luis Pérez Rodríguez, Emilio Ferreiro Míguez, José Feijoo Álvarez, Francisco Díaz Díaz, Constantino Feijoo Álvarez, Francisco Martínez Núñez, Manuel Álvarez Rodríguez e José Abraldes Corral- dos primeiros que temos noticia da represión son os irmás Constantino e Gervasio (O Pacheco), veciños de Celanova, e do mestre de Castromao, Enrique López.
A lista que publicamos hoxe, corresponde aos presos que permanecían ingresados na Prisión de Celanova o 31 de xullo de 1936. É dicir, o primeiro continxente que sufriu cadea no que logo sería a Prisión Central habilitada no Mosteiro, con carácter oficial desde 1938 pero que empezou a funcionar como tal desde as primeiras semanas da guerra.
A lista completa procede do rexistro de Contas de Alimentación da Prisión Provisional de Celanova e que asina Castor Rodríguez Carrero, como xefe da prisión, o último día do mes de xullo. Tamén achegamos outras tres listas, como a anterior, conservadas no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que forman parte do documento Relacións nominais de reclusos dos anos 1936 a 1943. Son listas escritas a man (dúas) e a máquina (unha, a dos presos trasladados desde o cárcere de Ourense), duns días antes e nas que se reflicten os grupos de presos que van entrando: 44, procedentes de Ourense o 29 de xullo; 35, que veñen do cárcere de Bande na mesma data; e 16 da comarca de Celanova que ingresan entre 29 e o 31.
A lista é unha foto-fixa do día 31 de xullo de 1936. Nos días seguintes foron sendo reducindo a cadea outras persoas. Durante o mes de agosto houbo “baixas” (liberacións e tamén paseos) e novas altas. Na Conta de Alimentación -que servía para rexistrar as racións de comida que consumían os presos, entre outras cuestións- do 31 de agosto, o número de presos é de 162, coinciden 29 dos que había en xullo.
Entre os nomes que figuran na lista de xullo, xa foron documentados os asasinatos nas primeiras semanas dos seguintes reclusos: Enrique González Fernández*, Ramón Padrón Pardo, Silvio Torres Díaz, Santiago Pérez Quiroga, Cándido García Corral, José Romualde Iglesias, José Vilachá Rouco e Eduardo Villot Canal. Tamén faleceu fusilado en Marrocos, anos despois do seu paso pola cadea de Celanova, Etelvino Fernández Álvarez, de Gomesende. Pola súa banda, Ricardo Gómez Del Valle, obrigado a se alistar no bando sublevado, foi asasinado en Valencia por un falanxista en marzo do 39. De Victoriano Sanjurjo Vergara temos a sospeita de que pode ser a mesma persoa que que aparece na lista “Relacion nominal de sepulturas ocupadas por restos caidos en la guerra de liberación que procede su traslado al monumento nacional de la santa cruz del valle de los caidos” con sinatura “AHPZ-A/008437/0232”, na páxina 8 no apartado “Cuadro K” co número 175. É dicir, a referencia dos restos du home trasladados desde unha fosa en Zaragoza, inhumado en Cuelgamuros o 17 de febreiro de 1961, co número de de rexistro 15.361 na urna individual 4.026. (Información proporcionada por Fernando Serrulla). A respecto de Manuel Costa Rodríguez ‘O Cantarexo’, canteiro de Entrimo xulgado en agosto, volveu ser detido en xullo do 37, e obrigado a se alistar no exército sublevado. Morreu dun disparo doutro centinela mentres facía garda na prisión de Ourense.
Nas próximas semanas iremos contando as historias de moitos destes 107 primeiros presos no cárcere, que pensamos que puideron ficar pechados no que hoxe é o salón de actos do Instituto por descricións posteriores doutros reclusos e da distribución do que foi a Prisión Central.
(Algúns nomes da lista orixinal foron corrixidos ou completados).
Esta é a relación:
1 Gustavo Rego Álvarez
2 Enrique Gónzález Fernández
3 Ramón Padrón Pardo
4 Samuel Augusto Ferreira
5 Amador Iglesias Soler
6 José M.ª Varela Varela
7 Silvio Torres Díaz
8 Victoriano Sanjurjo Vergara
9 Manuel Pérez Carril
10 Santiago Pérez Quiroga
11 Luis Cid Márquez
12 César Cons
13 José Iglesias Ferreiro
14 Luis Villar Pérez
15 José Nieto Fontana
16 José García Seoane
17 Juan Castellanos Fernández
18 Leo Piecht
19 Antonio López Santos
20 Avelino Calvar Domínguez
21 Juan Pena Fernández
22 Francisco Rodríguez Ferreira
23 Antonio Barbosa Silva
24 José López Santos
25 José Vilachá Romero
26 Paul Link
27 José González Rial
28 José Domuro Pando
29 Francisco Carlos de Sousa
30 Juan Alexandro Campos
31 José Francisco Valdés Vidarte
32 Adolfo González Rodríguez
33 Julio Jesús de los Ángeles
34 Adolfo Mann
35 Cándido García Corral
36 José Romualde Iglesias
37 Leandro Mena Fernández
38 Alejandro Blanco García
39 Ricardo Gómez del Valle
40 Luis García Somoza
41 Manuel Gil Fernández
42 Antonio Borrajo Blanco
43 Eduardo López Quintairos
44 Eduardo Villot Canal
(☝🏼 procentes de Ourense)
45 Camilo Míguez
46 Manuel Rodríguez Suárez
47 Camilo Fernández
48 José Martínez Valado
49 Manuel Cofrade Álvarez
50 Alejandro González Álvarez
51 Benito Fernández Álvarez
52 Antonio Jesús Oliveira
53 Eulogio Álvarez Hortas
54 Manuel Costa Rodríguez
55 Serafín Alonso Estévez
56 Benito Araújo Sáenz
57 Elixio Rodríguez Domínguez
58 Isidro Rodríguez Perdiz
59 Rogelio García Llanes
60 Julio León Fidalgo
61 Manuel García Rodríguez
62 Domingo Alonso Domínguez
63 Evaristo Fernández
64 Benigno Rodríguez León
65 Bienvenido Fondevila Bados
66 Olimpo Rodríguez Domínguez
67 Modesto Pérez Domínguez
68 José Álvarez González
69 Manuel Molina Molina
70 Adolfo Martínez Pérez
71 Ramón González Litros
72 Esteban Marín Gómez
73 Antonio Martínez Domínguez
74 Francisco Freire Domínguez
75 Manuel Méndez Domínguez
76 Manuel Álvarez Rodríguez
77 Benito Fernández López
78 Bernardino Campelo González
79 Antonio Álvarez Pérez
(☝🏼 procedentes de Bande)
80 Martín Domínguez Rodríguez
81 Antonio González Álvarez
82 Manuel Ramos Vázquez
83 Constantino Feijóo Álvarez
84 José Cristelo Nóvoa
85 Francisco Díaz Díaz
86 Manuel Villar Fernández
87 Vicente Pérez Vázquez
88 Camilo González Corbillón
89 Etelvino Fernández Álvarez
90 Antonio Meléndez Pérez
91 Gervasio Feijóo Álvarez
92 Odilo Alonso Iglesias
93 Castor Olleros Serantes
94 Senén Febrero Pérez
95 Antonio González Casas
(☝🏼 de Celanova e comarca)
96 Avelino Ameijeiras
97 Julián Arias Cervela
98 Alfonso Soto Montes
99 Francisco Lezón Vázquez
100 Emilio Fernández Pérez
101 Remigio Gómez Parada
102 José Álvarez Corral
103 Heriberto Rodríguez Pérez
104 Daniel Feijóo Fernández
105 José Bernárdez Fernández
106 Lisardo Mosquera Diéguez
107 Enrique López Molina
(☝🏼 de Celanova e comarca, con entrada o 30 e o 31)
📷
Fonte da lista 1: Contas de Alimentación a 31 de agosto – lista de reclusos a 31 de xullo (AHPO).
Fonte das lista 2, 3 e 4: Relacións nominais de reclusos dos anos 1936 a 1943 (AHPO).
Outras fontes: Correspondencia da prisión de Celanova 1936 (AHPO), e rexistro A represión na provincia de Ourense (Deputación Provincial).
____________________
* EDITADO O 12/05/2024: Por erro noso, figuraba como primeiro apelido Gómez, e non González. Foi a primeira vítima dos paseos en Celanova que está documentada. Tiña 19 anos. Na ficha de ingreso no cárcere de Ourense o 21 de xullo figura como ebanista. Fillo de Juan e Josefa. Foi asasinado na Ponte Pequena (parroquia de Viveiro) xunto a estrada Ourense-Celanova o 2 de agosto.
____________________
2 comentarios
A primeira vítima no 36 en Celanova: o mozo Enrique González Fernández – memoriacelanova · 2 Agosto, 2024 ás 11:02 a.m.
[…] Os 107 primeiros presos […]
Agosto de 1936, a instauración do terror en Celanova (I) – memoriacelanova · 17 Agosto, 2024 ás 8:00 a.m.
[…] outras listas cos ingresos de veciños de Celanova e a comarca. Esa lista foi publicada aquí [ Os 107 primeiros presos ] e seguimos actualizando os nomes a medida que se contrastan con outros […]