O manifesto reclamaba ao Concello de Celanova a retirada do símbolo do Outeiro da Obra en aplicación da lei: “O Concello de Celanova debe cumprir a lei como primeiro paso no recoñecemento da dignidade das vítimas do franquismo e co horizonte de satisfacer os principios de verdade, xustiza e reparación que impulsan o labor dos colectivos memorialísticos ao abeiro das Nacións Unidas. (…) A eliminación do símbolo fascista que alimentou o medo durante máis de oitenta anos é unha oportunidade para dialogar co pasado, sobre todo con ese pasado que se nos negou: o das vítimas, (…) e tamén con ese outro pasado que nunca se cancelou de todo porque as destrucións e as inxustizas seguen presentes e o poder que as causou segue presente”.

A nosa demanda mereceu o apoio de máis de sesenta asociacións galegas que traballan no ámbito da memoria. E tamén o de Xosé Luis Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Francisco Xavier Ferreiro Loredo, Luis Ferreiro Loredo, Víctor José Velo Pérez, Luís Soto García, Carmen Tagüeña Parga, Xosé Vizoso Fernández. Xosé Manuel Cid, Manuel Rivas, María Xosé Queizán Vilas, Isabel Blanco Picallo, Luis Tosar, Ramón Nicolás, Alberto Valín Fernández, Antón Mascato, Aurora Marco, Bernardo Máiz, Carlos Babío, Carlos Velasco Souto, Carlos Méixome, Claudio Rodríguez Fer, Dionísio Pereira, Edelemiro Martínez Cerredelo, Eliseo Fernández, Elvira Souto, Francisco Javier Quintas, Lourenzo Fernandez Prieto, Manuel Monge, Manuel Pazos Gómez, Manuel Pérez Lorenzo, Margarida Ledo Andión, María Torres, Nemésio Barxa, Ramón López Suevos, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Rose-Marie Serrano, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Xilberte Manso de la Torre, Xoán C. Chillón Iglesias, Xosé Álvarez Castro, Xosé Estévez, Xosé Manoel Nuñez Seixas, Xosé María Alvarez Cáccamo, Antón Riveiro Coello, Anxo Angueira Viturro, Carmen Penim, Luis Lamela García, Francisco Xavier Redondo Abal, Carlos Etcheverría Vázquez, Celsa Diaz Cabanela, Gregorio Álvarez Medela, Baldomero Moreiras, Xosé Benito Reza, Paco Sarria, Gustavo Luca de Tena, Tino Lago Vargas, Antón Costa, Francisco Fernández Rei, Laura Bugalho, Xosé Val Díaz, Torres Cidre, Pepe Ballesta, Darío Xohán Cabana, Henrique Rabuñal, Alberte Momán, Xosé Luís Santos Cabanas, Xesús Constenla, Francisco X. Fernández Naval, Xavier Paz, Paco Macías, Baldo Ramos, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Manuel Mella, Baldomero Iglesias Dobarrio, Xosé Lois O Carrabouxo, Caxigueiro, Celso Fernández Sanmartín, Cesáreo Sánchez Iglesias, Eva Veiga, Quico Cadaval, Francisco Castro, Ledicia Costas, Ramón Caride Ogando, Xavier Vence Deza, Yolanda Castaño, Valentín García Bóveda, Ana Pontón e Gonzalo Caballero, entre outras personalidades do ámbito da cultura, da memoria e da política de Galiza..

Despois presentamos o Informe nº 1.

Case oitenta e dous anos despois de que aquela unidade militar comandada por fascistas chantase a cruz sobre un penedo no Outeiro da Obra como símbolo de humillación e terror, este Informe será con toda probabilidade o traballo máis importante de todos os que poida facer nunca o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

A VERDADE SOBRE O SÍMBOLO

O Informe di:

✅ Existe unha lei…

“As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”. (artigo 15.1 da Lei de Memoria Histórica de 2007).

✅ …que afecta este símbolo.

A parte principal do monumento consiste nunha cruz de pedra ben labrada colocada sobre unha gran rocha natural, o que permite a súa visualización desde o núcleo urbano. A rocha foi desbastada para facer unha pequena escalinata, polo que se pode rodear a cruz de preto. Conta a cruz cun pedestal no que figuran o escudo franquista de España, na súa versión simplificada e o emblema de Falange Española formado polo xugo e as frechas. No lado oposto podemos ler a seguinte inscrición: “A los combatientes de la parroquia de Celanova caídos por Dios y España”.

✅ O símbolo foi levantado como elemento de exaltación da vitoria fascista e do réxime xurdido da guerra.

O monumento foi inaugurado pola Bandera de Marruecos o 8 de agosto 1939. ” Para asistir a estos actos, llegó de Orense el coronel Ríos Capapé, héroe de la Ciudad Universitaria, acompañado del teniente coronel Pemán (léxase: Peirán). El coronel Ríos Capapé pronunció un elocuente discurso ensalzando el heroico comportamiento de la Bandera de la Falange de Marruecos. Se vitoreó a España y al Caudillo y finalmente se cantó el Cara al Sol”, constata a crónica publicada no diario La Vanguardia.

✅ Os sublevados institucionalizaron rapidamente a utilización propagandística destes símbolos…

En febreiro de 1938 creouse, por orde do Ministerio de Educación, un organismo co rimbombante nome de Comisión de Estilo en las Conmemoraciones por la Patria. A súa fin era ditar as normas e os ditames que habían de rexer a “construcción de edificios o edículos, erección de monumentos, fijación de lápidas y sus inscripciones y hasta atribución de nombres a lugares”. Unha orde do 7 de agosto de 1939 facía necesaria a autorización do Ministerio de Gobernación, presidido por Serrano Suñer, para a erección de todo tipo de monumentos “en especial a los conmemorativos de la guerra y en honor a los caídos”. Esta supeditación xustificábase pola necesidade “de dar unidad de estilo y de sentido” e “para evitar que el entusiasmo, justificado en muchas ocasiones, pueda regir caprichosamente esta clase de iniciativas”. Os servizos de Prensa e Propaganda serían os encargados de supervisar o proceso. Esta norma no sería desenvolta ata case un ano despois, en virtude da Orde do Ministerio de Gobernación, do 30 de outubro de 1940.

✅ …e despois da guerra a ditadura utilizounos como elementos de lexitimación do seu poder.

A ditadura baseou a súa lexitimidade na vitoria obtida na guerra civil, de aí o recordo permanente aos caídos do bando vencedor, convertidos en mártires. Ao redor a eles foise creando un mito, un culto político, explotado habilmente polo Caudillo. A fin da guerra non supuxo a fin da violencia política, pois esta institucionalizouse a través de normas como a Ley de Responsabilidades Políticas (1939) ou a Ley sobre Represión de la Masonería y el Comunismo (1940). Os vencedores gozaron de todo tipo de privilexios en recompensa polos seus servizos. Elementos afíns ao Movimiento pasaron a controlar e ocupar, sen importar demasiado a súa idoneidade, todo tipo de postos na administración, nas universidades, nas escolas, nos medios de comunicación e ata na empresa privada. Os vencidos, pola contra, foron perseguidos, desterrados, encarcerados, executados, desposuídos de bens e cargos.

✅ En Celanova, o lugar serviu de escenario de exaltación fascista e do réxime ilegal.

“El día 29, aniversario de la fundación de F. E. y Día de los Caídos en que el Frente de Juventudes conmemora el Día de la Fe, se celebraron diversos actos organizados por la Jefatura comarcal. Después de haber oído la misa, a las diez de la mañana, aplicada por todos aquellos que murieron por Dios y por España, se trasladaron al Monte de la Obra, donde está instalado el monumento a los Caídos, portando dos jóvenes de esta centuria una corona de laurel que fue depositada al pie de dicho monumento. Acto seguido, por el delegado comarcal, Emilio R. Rojo, fue leída la oración por los Caídos y el capellán de esta villa, don Balbino Rodríguez, rezó un responso. Se cerró el acto cantando el Cara al Sol, dando los gritos de rigor el jefe comarcal, alcalde de esta villa don Manuel Rodríguez Alonso. Por la tarde, reunidos en el local del Frente de Juventudes se procedió a la explicación de la lección conmemorativa, haciendo resaltar el significado del día”, lembra esta crónica publicada en La Región o 2 de novembro de 1952.

✅ Por todo o anterior, o Informe conclúe:

🔷 A ocupación de espazos públicos foi un dos instrumentos empregados polo réxime franquista para lexitimación da ditadura e propaganda dos seus principios, de natureza antidemocrática e totalitaria.

🔷 Os caídos do bando franquista foron homenaxeados e recordados permanentemente durante a ditadura. Os caídos do bando republicano, pola contra, foron esquecidos e vilipendiados.

🔷 Os monumentos aos “Caídos por Dios y por España” que se ergueron despois da guerra tiñan a finalidade declarada de utilización para a realización de actos de adhesión pública á ditadura. Co tempo, o elemento pasa a formar parte da paisaxe, normalizando a súa presenza.

🔷 O levantamento dun monumento no Monte da Obra (Celanova) foi unha iniciativa da oficialidade da Bandera de Marruecos, unidade militar-falanxista de gornición nesta vila entre xullo e setembro de 1939. Esta unidade paramilitar é responsable directa dos únicos fusilamentos que tiveron lugar na Prisión Central de Celanova, deixando unha fonda pegada de terror entre a poboación e os presos.

🔷 Durante a posguerra o entorno foi adaptado como escenario para actos con significado político organizados polo órganos do Movimiento, como a celebración do “Día dos Caídos”. Existe constancia da utilización de presos políticos como man de obra na construción do camiño de acceso ao monumento.

🔷 Non é un símbolo relixioso, pois non foi financiado pola Igrexa, nin foi erguido nun lugar de culto ou terreo sagrado. A súa intencionalidade foi política, non relixiosa.

🔷 Este monumento supón unha exaltación pública e visible do golpe de Estado de 1936 contra a legalidade republicana, a posterior guerra civil e a represión política durante a ditadura franquista polo que estaría inmerso na categoría de monumentos afectados pola Lei de Memoria Histórica. Desde a súa inauguración supón unha humillación permanente das vítimas do franquismo e os seus familiares, en especial aos presos asasinados pola Bandera de Marruecos nesta vila.

🔷 Este legado foi asumido de xeito acrítico polas distintas corporacións municipais que se sucederon desde a Transición. Sería posible un vestixio do nazismo similar en Alemaña?

Polo tanto, este Comité solicitou do Concello de Celanova “que tome as medidas oportunas para a retirada inmediata dos citados elementos, de acordo coa Ley de Memoria Histórica, e se repoña na sinaléctica oficial o nome tradicional de Outeiro da Obra”.

VÍA MUNICIPAL PECHADA

O manifesto e o Informe foron presentados a todos os grupos políticos que fan parte da actual corporación municipal de Celanova, así como unha moción para instar ao Concello de Celanova ao cumprimento da lei.

En abril, o día 7, esa moción chegou ao pleno.O seu debate foi rexeitado polo Partido Popular e por Celanova Decide.O Comité renunciou a tomar a palabra ao remate do pleno -tal e como fora acordado co goberno municipal- en protesta porque nese mesmo acto ese mesmo goberno ía conceder a palabra a un representante dunha asociación que promove o negacionismo e mantén posicións filofascistas.O Comité decidiu non intervir para non contribuír a branquexar ese tipo de discursos.A continuación, abandonamos o salón de plenos. E só un concelleiro, o representante do BNG, abandonou tamén o salón municipal.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova deu por pechada a vía política no Concello de Celanova.

Este Comité decidiu esgotar o prazo que consideraba razonábel naquela moción para a retirada do símbolo: o 8 de agosto de 2021, data do oitenta e dous aniversario da inauguración do monumento.

O goberno municipal non fixo nada por cumprir a lei. É máis, encargou un informe sobre o monumento que pon en cuestión os argumentos do Comité. Nin tivo decencia democrática de facer chegar a este Comité ese informe nin o fixo público.

Agora ábrese outra vía para a reclamación do cumprimento da lei, un camiño que empezamos a preparar coa reunión o pasado 4 de maio co Subdelegado do Goberno, a quen lle transmitimos unha petición: que comunique ao Goberno do Estado que en Celanova se está a incumprir a lei. Ese día, entregámoslle ao Goberno a proba documental dese incumprimento: o Informe nº 1, titulado Monumento do Outeiro da Obra. Fin dun legado imposto.

CONTRA O LEGADO FASCISTA

En Celanova, malia que a verdade xa proxecta a súa luz sobre ese símbolo, responsábeis á fronte de institucións democráticas pretenden ignorar a lei nunha actitude de sometemento e medo. Estes responsábeis responden unicamente ao mandato fascista expresado no discurso dun comandante da Bandera de Marruecos hai oitenta e dous anos ao pé dese mesmo monumento:”Señor alcalde, yo espero que sabreis perpetuar esta cruz que nosotros os legamos como recuerdo de nuestros muertos”. En este momento el presbítero don Rafael Pato, después de breves y sentidas palabras de despedida a la Bandera, entona un responso por los muertos mientras el comandante visiblemente emocionado deposita a los pies de la cruz una monumental corona de flores”, resume a crónica de La Región do 30 de setembro de 1939.

Días despois de que a unidade falanxista tivese abandonado Celanova camiño de Melilla, onde se disolveu antes de rematar aquel ano, cumprida a súa misión e deixando un regueiro de sangue e terror en Celanova que aínda hoxe non fomos quen de sanar.

Mais estamos no camiño.

Grazas a todas as que nos acompañades nel.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario