O sábado día 1 de abril terá lugar no Auditorio Municipal Ilduara de CELANOVA a presentación do disco ADIANTE-A PALABRA DE XOSÉ VELO, poemas musicados por Sindo Otero nas voces de Camila Álvarez e Miguel Ábalo, que estarán acompañados no piano por Jorge González.

O disco sairá a venda ese mesmo día, polo prezo de 15 euros.

Está composto polas pezas “Unha”, “Carceleiriña”. “Soneto”, “Confirmación de Fe” e “Adiante”. Ademais contén unha pista de audio coa voz de Velo e inclúe un saúdo de Xosé Luis Méndez Ferrín cun texto que comeza: “Xosé Velo naceu, como Paul Éluard, para nomear a Liberdade”.

O disco foi posíbel grazas á colaboración de Sindo Otero co Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o apoio da Fundación Moncho Reboiras.

No acto de presentación, que comezará ás 17:00 horas no AMIC, tomará a palabra UXÍO BREOGÁN DIÉGUEZ, catedrático de historia contemporánea e un dos maiores expertos na figura de Xosé Velo, que ofrecerá unha conferencia sobre Velo antes do concerto de presentación do disco.

A entrada é de balde e haberá discos á venda a disposición das asistentes.

Como avance, vai un vídeo da grabación da peza “Confirmación de Fe” con Camila Álvarez e Sindo Otero.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario