Os cadernos de Camilo Soto

Empezamos a publicar o dietario do mestre represariado José Camilo Soto Losada, que conta vivencias persoais do tempo da República, a guerra e a ditadura en Celanova, entre elas, o paso polo cárcere, e ofrece unha crónica da sociedade celanovesa cunha pluma áxil e punzante.

Localizadas dúas familias máis dos asturianos asasinados en 1939

Trátase de familiares de Mariano Blanco González e de Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, que xa avanzaron que se prestarán ás probas de ADN para contrastar cos restos que se conservan no IMELGA. O Goberno de Asturias, a través da Dirección General de Memoria Democrática, realizou a investigación que permitiu contactar cunha bisneta dun irmán de Mariano Blanco e cunha sobriña de Baldomero Vigil.

Liberando a Pepe Velo

Os historiadores e profesores Xosé Estévez e Uxío-Breogán Diéguez celebraron onte en Celanova un acto “necesario” para o coñecemento da figura de Xosé Velo (Celanova, 21 de abril de 1916 – Sao Paulo, 31 de xaneiro de 1972) baixo o título de Xosé Velo, político e organizado polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario