
Una presentación. Cos relatos e testemuñas das familias das vítimas saímos da ortodoxia histórica para mergullarnos na historia das emocións. Esta perspectiva non é, por iso, menos obxectiva, xa que dá voz ao pobo. A Historia debe ser unha historia do pobo e para o pobo; Historia desde abaixo, das de abaixo.
A INAUGURACIÓN. Domigno 28 de xuño de 2026

As III Xornadas Memoria e Muller remataron este domingo en Celanova coa inauguración da exposición Presas e Mestras, que permanecerá no Auditorio Municipal Ildunara até o 17 de xullo, en horario de 10.30 a 13.30 horas de luns a sábado. Aurora Marco foi a madriña da mostra e declarou aberta a exposición na data do 28 de xuño -90 anos despois daquela votación do Estatuto-. Na inauguración tomaron parte o Alcalde de Celanova, Antonio Puga, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quen agradeceu o traballo do Comité na organización da mostra, financiada pola Secretaría de Estado de Memoria Democrática, e puxo o resultado como exemplo da posibilidade de facer que a memoria chegue ao rural a través das asociacións, alí onde o Estado ten máis dificultades para espallar as políticas de memoria derivadas da lei estatal de memoria de 2022.
A EXPOSICIÓN

PUBLICACIÓNS NA WEB SOBRE PRESAS E MESTRAS
Dossier impacto en medios (xuño-xullo 2026)
Noticia da exposición en LA REGIÓN (16.07.2026)
FÉ DE ERROS: O cura da parroquia de Santa María de Cexo que elabora o informe contra Áurea era Fermín Vispo, e non Jerónimo Crespo como aparece no texto.
0 comentarios