Prisión central
Do Furriolo á Poza das Ras
Agosto de 1936: A instauración do terror en Celanova (II).
Agosto de 1936: A instauración do terror en Celanova (II).
O luns 17 de agosto de 1936 apareceron preto da Ponte Pequena, en Viveiro, Celanova, os corpos dos irmáns Emilio e Manuel Fuentes Canal, asasinados o día anterior segundo figura nas partidas de defuncións no Rexistro Civil dos Xulgados de Celanova.
DA PONTE PEQUENA AO FURRIOLO
Lucio Nestal Fernández (Oviedo, 1911-Luarca, 1975).
Ao día seguinte da aparición do cadáver de Eduardo González, apareceu outro corpo no mesmo lugar preto da Ponte Pequena. Era o de Cándido Gómez Corral, concelleiro socialista en Ribadavia.
Foi paseado o domingo 2 de agosto de 1936. Levaba catro días preso en Celanova, onde chegou desde a prisión de Ourense despois da súa detención o 21 de xullo.