[…] volé imaginativamente a mi tierra natal y mi infancia, y sentí físicamente un instante, os lo juro, el vuelo alegre de las campanas de mi aldea […]
y oí, por fin, entre sueños, la voz suave de mi madre que me decía cariñosa, como cuando era niño: Celsiño, sé siempre bueno, sé siempre bueno y serás feliz. Y arrullado en su consejo, me dormí.
Manuel Celso Garrido Rodríguez (1957)
a bondade fíxoos infelices.
mirar polos demais.
defender a xustiza.
soñar a liberdade daqueles nenos que a maldade sacrificou a cambio de miseria e de desprezo.
a lección da nai que soñaba
con ás brancas para os seus fillos.
Amadeo, Eloy,
Julio
e Silvio
tamén quixeron ser felices e sentir que a bondade era unha patria con futuro.
pero enganounos o destino,
ese río sementado de chumbo e pólvora polos inimigos da verdade.
en Ourille
aquela mañá do 29 de agosto do 36 o ceo era limpo
como a ollada do neno que non comprende.
soaron as campás no interior dun pesadelo.
unhas ás brancas
sobrevoaron as cañotas
fendidas pola dor e a ignominia.
buscaban a felicidade que lles quixeron roubar.
unha felicidade que agora dita estes versos e convoca os netos daquela esperanza
a carón do río que atravesa
a patria recuperada da bondade.
ese territorio que sobrevoan os paxaros brancos que sempre baixan
aniñar na memoria,
arrolados polas mans mornas dunha nai que nunca dorme.
Poema de Baldo Ramos lido polo autor no lugar da Poza das Ras (Ourille, Verea), onde o 29 de agosto de 1939 foron asasinados Amadeo López, mestre; Silvio Torres, chofer; Eloy Romero, farmacéutico; e Julio González, mestre.
O poema fai parte da homenaxe que se tributará ás vítimas co gallo da inauguración do Memorial da Poza das Ras, obra de Xosé Torres Cidre, o próximo sábado, 29 de agosto de 2026, á iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova apoiada polo Concello de Verea.
0 comentarios