Hoxe rendemos dúas homenaxes.

Á nosa compañeira María Otilia Rodríguez Mosquera, Cabaco, falecida hai pouco máis dun mes, que foi fundadora e vicepresidenta do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e unha das persoas que máis traballou para xuntar ás familias das vítimas asturianas e doutros lugares de fóra do país desde o aquel sábado de setembro de 2021 até o domingo 23 de marzo de 2025 cando se inaugurou o memorial dos 91 de San Breixo coa presenza de medio cento de familiares en Celanova. Sempre no noso recordo, María.

Aos 91 de San Breixo e ás súas familias coas que seguimos traballando nas localizacións e en prol de reparación e xustiza. Hai hoxe un ano que Celanova acolleu un acto de memoria sentido e fondo nun espazo para o que, tamén da man das familias, reclamamos ao Estado a declaración oficial do que xa é: un lugar de memoria.

Esta é a relación de vítimas da represión fascista que foron soterrados no cemiterio de Celanova entre 1936 e 1943 que a día de hoxe están documentadas:

1936
Emilio Fuentes Canal
Manuel Fuentes Canal

1938
Benito Bello Fernández
Fernando Rodríguez Rodríguez
Juan Bueno Sordo
Gaspar Fernández Pérez
Eladio Menéndez García
Agustín Cuervo Carrión
Vicente Méndez Fernández
Plácido Rosal Valdés
Enrique Rodríguez Castaño
Ángel Santos González
Manuel Faría
Ventura Fernández García
Mariano Panizo Fernández
José Gómez De la Rocha

1939
Clemente Abenia Escudero
Francisco Solano Lorenzo Ayllón
Vicente Álvarez García (Toledo)
Manuel Espina Espina
Honorio López García
José Álvarez Bardasquera
Cándido Alonso Escudero
Plácido Álvarez Pacheco
Abelardo Suárez del Busto
Alfonso Moreno Gayol
Baldomero Vigil-Escalera Vallejo
Belarmino Álvarez García
Guillermo de Diego Álvarez
Marcelino Fernández García
Mariano Blanco González
Domingo Mantilla González
Enrique Menéndez Zapico

1940
Felipe Fernández Álvarez
Luis González González
Samuel Pico Méndez
Lino Álvarez González
Ricardo Alegre Serrano
Emilio Casielles Álvarez
Juan Solís Fernández
Amador Mata Mata
Bautista García Buelga
Julián Antón Parrondo
Andrés García Olivares
Victoriano Fernández Moreno

1941
Constantino Díaz Tuya
Domingo Cervera Valverde
José Suárez Blanco
Luis Álvarez Prendes
David Sierra Feito
Máximo Ruiz Sánchez
Gerardo Tovar Gris
Vicente Álvarez García (Oviedo)
Francisco Quesada Ruiz
Francisco Fernández Llaneza
Francisco Enterría Niembro
Enrique Senra Fernández
Jesús Busto Alonso
José Rosales Frías
Joaquín García Fernández
Ramón Fuentes Gámez
Telesforo García Garrido
Aniceto Tascón Tascón
Robustiano Zuazua Menéndez
Gabriel López Gómez
Constantino Tuero Amandi
Rafael Morales Gordo
Francisco Soto Sánchez
Victoriano López García

1942
Ramón Perna Vallarín
Juan Caso Menéndez
José Solana Ferraz
Faustino González Hevia
Jacinto Resino Crespo
Fernando González González
José Tuñón Díaz
Andrés Blanco Poyuelo
Anastasio Blas González
Nicasio Vázquez Zurita
Pedro Jado Bermejo
Donato Tejido López
Ildelfonso Martínez Jiménez
Edilberto Benito Venegas

1943
Francisco Moreno Medina
Hermenegildo Crespo Velasco
Cástor Martín Delgado
Julián De Diego Ortego
Ángel Balius Pastor
Ramón Yáñez Pereira
Manuel Gregorio Nieto Morales
Juan Masa Chamorro

SEMPRE NO NOSO RECORDO

En nome das familias, os membros do Comité renovamos o noso agradecemento ás persoas que fixeron posíbel e seguen a traballar para que a pegada deles non se perdera: Domingo R. Teijeiro, Fernando Serrulla, Marcelino Laruelo, Celso Emilio Ferreiro, Xabier Ferreiro, Pablo Sánchez, Carlos Morais, Begoña Serrano, Manuel Calvo, Begoña Collado, Patricia Martínez, Carlos Fabregat, equipo de investigación do Grupo Histagra USC, equipo de Tempos Arqueólogos. Grazas. E tamén aos outros compañeiros que nos acompañaron neste treito e xa non están: Manuel, Andrés e Toño.

Ramiño de cravos brancos na sepultura da María Cabaco, no cemiterio.

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario