El histórico graffiti pintado por Xosé Velo y Celso Emilio Ferreiro en 1933 en la fachada del monasterio de Celanova para anunciar el Adiante Semanario editado por las Mocedades Galeguistas de Celanova ha sufrido un ‘atentado contra o patrimonio histórico’, según el Comité Comarcal pola Memoria Histórica“, relata a noticia aparecida en La Voz de Galicia.

La productora Vaca Films, que trabaja para Netflix y que actualmente rueda una serie de televisión en Celanova, se apunta como la responsable del borrado de una pintada de las Mocedades Galeguistas en la fachada del Monasterio de San Rosendo“, presisa La Región, que na edición impresa deste sábado detalla o acontecido a través dunha testemuña: “Xosé Benito Reza, escritor y colaborador de La Región que vive en Celanova y fue testigo directo de los hechos: ‘lo tremendo de lo que pasó es que por chiripa no se perdió una reliquia histórica de enorme importancia, reflejo de aquellos tiempos de hace casi un siglo, y lo chocante es que, después de haber pasado toda una dictadura de 40 años por medio, se conservó y todo el mundo la respetó, como para que ahora seamos nosotros los que nos la carguemos’, apunta“.

A desfeita mereceu ademais unha conexión en directo no informativo da noite da TVG e foi amplamente recollida tamén noutros medios, como Nós Diario.

A alerta lanzada en Facebook á última hora da mañá por este Comité tivo gran repercusión nas redes: veciñas da vila, asociacións como Celanova Chea, colectivos de memoria como os do Val do Limia e os Amigos da República de Ourense, historiadores como Dionisio Pereira, xornalistas como Nuria López e páxinas como Orgullo Galego, e cidadáns de distintas partes do país comentaron e compartiron un post que pechou o día con case 28.000 vistas e máis de 500 interaccións.

Nese post advertiamos: “Máis alá dos lamentos, esperamos unha reacción contundente desde o Concello de Celanova e desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia cunha denuncia contra a produtora ou os responsábeis para que asuman os custes da restauración da pintada ao seu estado orixinal, despois de 93 anos desde que a realizasen membros das Mocedades, entre eles, Pepe Velo e Celso Emilio Ferreiro, como anuncio do que ía ser o seu órgano de prensa ADIANTE SEMANARIO, un elemento que permaneceu durante a República, sobreviviu ao franquismo e que esta democracia non soubo protexer debidamente”.

Pola tarde, nun comunicado en redes sociais, o alcalde de Celanova, Antonio Puga, comprometíase a que o goberno municipal esixiría “ós responsables da produtora unha urxente intervención para devolvelo o antes posible ó estado anterior a estes feitos”.

Xa pola noite, a productora, Vaca Films, asumía públicamente o “erro” e comprometíase a “subsanarlos una vez tengan los permisos pertinentes, para lo cual han ya contactado con un arqueólogo”, segundo informou La Voz.

ANOS DE ALERTAS

A agresión (inconsciente) á pintada Adiante SEMANARIO, feita polas Mocedades Galeguistas hai 93 anos, é un sinal de alerta a respecto da perda (imperceptíbel) de partes fundamentais da nosa historia.

Desde o Comité levamos anos advertindo ao Concello de Celanova e aos partidos políticos da corporación da necesidade de establecer elementos de protección material da pintada ademais de emprender desde as institucións públicas unha campaña de divulgación sobre o significado histórico da mesma.

Pola nosa parte, en cada acto do Comité, con cada convidado, en cada visita ou roteiro, tratamos de visualizar a pintada a través de fotografías de grupos e explicando aos participantes quen fixo e por que esa inscrición no Mosteiro que, sorprendentemente, ten chegado até a nós a través de case un século de moita escuridade.

Non pode ser que deixemos perder aquilo que sobreviviu á escuridade para darnos algo de luz, algo de ánimo e moitas razóns para seguir ADIANTE sendo nós e rescatando o que fomos.

O Comité púxose unha vez máis (a anterior foi hai apenas unha semana nunha conversa previa coa Tenente de Alcalde para termos unha reunión que active as propostas que xa puxemos sobre a mesa) a disposición do goberno local para encamiñar a protección que merece ese símbolo de Celanova.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario