“Remito a V.S. la adjunta informacion tramitada sobre hechos realizados por la vecina de esta Capital Dolores Barreiros Gomez, informacion de la que resulta presunta uatora [por autora] de insulto a fuerza armada, a fin de que proceda a instruir causa por el tramite de juicio sumarisimo, significandole que dicha individua pasa a la carcel de Celanova a su disposicion, debiendo acusarme recibo“. Esta é a orde do Gobernador Militar de Ourense, ao xuíz instrutor Tenente de Infantería Benjamín Hermida do xulgado militar número 1. Leva a data do 14 de outubro de 1937.
Dolores estaba casada “co tipógrafo e político Juan Ángel Nóvoa Nóvoa; tiveron catro fillas e un fillo: Carmen, Angelines, Máximo, Sara e Dolores. Eran veciños da rúa da Estrela, 5, en Ourense”.
“Juan Ángel era militante do PCE, elixírono secretario da Casa do Pobo de Ourense no ano 1931 e secretario da Asociación de Inquilinos de Ourense en outubro de 1933; tamén era membro do Comité Executivo Provincial do PCE en Ourense, redactor de La Zarpa e colaborador de El Soviet”.
Dolores foi unha “vítima colateral” da represión, categoría na que a inclúe a nova base de datos deseñada e financiada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña que se presenta con máis de 18.000 referencias a dispór de familias, investigadores e cidadanía en xeral, unha ferramenta potentisima para o avance da memoria histórica deste país, e de onde está tirada a nota biográfica sobre esta muller que penou no cárcere de Celanova desde outubro do 37 até 1938, cando xa non temos rexistros.
En adiante seguiremos o relato dos feitos que deron con Dolores no cárcere que se fai na causa militar número 1.356 de 1937. Dolores Barreiros Gómez nacera en Armariz, no concello de Nogueira de Ramuín. Era filla de Carlos Barreiros e Ramona Gómez. A documentación ofrece datas de nacemento contraditorias, situadas entre 1893 e 1900, aínda que no momento do proceso declarou ter 31 anos. Residía no número 5 da rúa Estrela de Ourense.
Estaba casada con Juan Nóvoa Nóvoa e era nai de varios fillos. Segundo os informes policiais, Juan era considerado un “elemento comunista significado”.

Na mañá do 11 de outubro de 1937 tiveron lugar varios fusilamentos nas inmediacións do Cuartel de San Francisco e do cemiterio de Ourense. Dolores Barreiros e a súa filla Carmen achegáronse ao lugar movidas polo temor de que Juan Nóvoa figurase entre os condenados. Non existía confirmación oficial, senón rumores e sospeitas no contexto das persecucións.
Segundo o informe do alférez instrutor Antonio Hernández Gil, cara ás sete da mañá as dúas mulleres tentaron aproximarse á zona da execución. Os centinelas do Rexemento Zaragoza nº 30 e membros da Garda de Seguridade ordenáronlles que se afastasen. Ante esta orde, Dolores e Carmen comezaron a chorar e a berrar, producíndose un enfrontamento verbal cos militares. A documentación describe a Dolores como “exaltada”, “fóra de si” e dominada por unha intensa axitación emocional.
Os principais testemuños procedían de membros das forzas de orde. O garda José Benito Pazos afirmou que Carmen exclamou: “¿Aínda veñen vostedes aquí, asasinos?”, e que Dolores xustificou esas palabras. Pedro Rodríguez, outro garda, confirmou esta versión e engadiu que Dolores mostraba actitude de protesta. O sarxento José Quiroga declarou que Dolores chamou aos militares “bandidos” e “asasinos”, utilizando tamén expresións groseiras. Casimiro Lorenzo e Jesús Pérez coincidiron en describir unha conduta ofensiva, cualificando as súas palabras de subversivas. Non houbo testemuños de civís.
Pola súa parte, Carmen, de 14 anos, admitiu ter chamado “asasinos” aos gardas, explicando que o fixo ao ver a súa nai chorando e ao pensar que o seu pai fora fusilado. Dolores declarou que acudira ao lugar impulsada polo medo a perder o seu marido. Recoñeceu ter chorado e protestado, pero negou intención de insultar ao Exército. Alegou que o seu estado emocional lle impedía lembrar con precisión as palabras empregadas.
Tras o incidente, ambas foron detidas e conducidas á Comisaría de Vixilancia de Ourense. A documentación indica que Carmen ofreceu certa resistencia e foi trasladada por rúas secundarias. Ese mesmo día iniciáronse as dilixencias preliminares. Entre os días 12 e 13 de outubro completouse a fase de información, tras a cal o instrutor elevou un informe confirmando a existencia de indicios de delito.
O 14 de outubro de 1937 o gobernador militar ordenou que a causa se instruíse por procedemento sumarísimo. A instrución pasou ao tenente Benjamín Hermida Taboada, que continuou o proceso formal. Decretouse a prisión provisional de Dolores Barreiros. O 14 de outubro foi trasladada á prisión de Celanova, quedando á disposición da autoridade militar. O xefe do centro, Rodolfo Mosquera, certificou os días 18 e 21 de outubro a súa presenza. As declaracións indagatorias realizáronse alí en novembro, confirmando a súa reclusión durante toda a instrución.
Carmen permaneceu inicialmente en dependencias policiais, tendo en conta a súa minoría de idade.

O 9 de novembro de 1937 ditouse o auto de procesamento. Considerouse que os feitos constituían delito de inxurias ao Exército e aos centinelas, conforme ao Código de Xustiza Militar. Ratificouse a prisión provisional e ordenouse completar documentación sobre a idade de Carmen e o historial do marido. A Auditoría solicitou aclarar se Juan Novoa fora realmente executado e se os insultos se produciron durante ou antes da execución. Juan Novoa non foi fusilado nesa data, aínda que permaneceu encarcerado.
O Consello de Guerra celebrouse o 10 de decembro de 1937. A Fiscalía cualificou os feitos como delito de inxurias ao Exército e solicitou prisión correccional, recoñecendo a atenuante de escasa perversidade. A defensa destacou a condición humilde, analfabeta e desesperada da acusada, afirmando que actuara baixo un estado de alteración emocional sen intención política. O tribunal aceptou a atenuante e condenou a Dolores Barreiros a seis meses e un día de prisión correccional, computándose o tempo xa cumprido.
A sentenza foi aprobada o 13 de decembro pola Auditoría de Guerra. En xaneiro de 1938 comunicouse oficialmente o seu ingreso para cumprir a pena. Tendo en conta o período de prisión preventiva, é probable que quedase en liberdade pouco despois.
Juan Nóvoa Nóvoa. O marido de Dolores Barreiros, Juan Ángel Nóvoa Nóvoa, coñecido co alcume de Bicho Bravo, nacera ao redor de 1897 na cidade de Ourense, exerceu como tipógrafo e desenvolveu unha intensa actividade política e sindical durante a Segunda República. Militante do Partido Comunista de España (PCE), foi elixido secretario da Casa do Pobo de Ourense en 1931 e, en 1933, secretario da Asociación de Inquilinos. Formou parte tamén do Comité Executivo Provincial do PCE, o que o situou como unha figura destacada do movemento obreiro local. Paralelamente, participou no ámbito xornalístico como redactor do periódico La Zarpa e colaborador de El Soviet, contribuíndo á difusión das ideas de esquerda. Tras o golpe militar de xullo de 1936, Juan Nóvoa agochouse xunto co seu irmán Manuel nunha cova construída no soto dun edificio da rúa Raíña Victoria. Ambos foron descubertos e detidos o 5 de abril de 1937. Posteriormente foi sometido a consello de guerra na causa 452/37, acusado de adhesión á rebelión, sendo condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua pola comisión de exame de penas de Ourense, o que lle salvou a vida. Foi internado no Reformatorio de Adultos de Ocaña, en Toledo, onde permaneceu ata obter a liberdade condicional en setembro de 1952. En 1941 abríraselle ademais un expediente de responsabilidades políticas. Tras recuperar a liberdade, marchou ao exilio.
No seu monumental estudo Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión (2004), Julio Prada dá noticia dos irmáns Nóvoa e da muller e a filla de Juan Ángel: “Os comunistas Manuel e Juan Ángel Nóvoa Nóvoa foron condenados a morte na causa 452/1937 —aínda que lles sería conmutada pola pena de reclusión perpetua— pola súa destacada actuación durante a etapa da Fronte Popular en compañía do seu irmán José, un dos asasinados polos falanxistas durante as festas do Corpus. A prensa falanxista recoñecía o destacado labor do segundo, ó que consideraba “uno de los más destacados elementos de la Casa del Pueblo, sin el cual no se hacía nada en ella. Él era el quien redactaba todas las hojas clandestinas difundidas por toda la provincia, y empujaba a los obreros en las huelgas y demás actos de violencia y sabotaje (…); valiéndose de su talento natural, fue con toda seguridad el instrumento por medio del cual el comunismo hizo más daño moral y hasta material (…)”. Tamén foi o representante do PCE no comité provincial de defensa do Estatuto, onde conseguiu impoñer a tese de que na súa executiva só deberían estar representantes das forzas integradas na Fronte Popular en oposición á postura sostida por Fernández Borrajo, que representaba no devandito comité ós galeguistas de dereitas. Foron detidos pola policía gobernativa na casa da súa nai en abril de 1937 agachados nunha especie de cova construída por eles mesmos no soto do edificio, sito no nº 37 da rúa Reina Victoria, no que se refuxiaran pouco despois de consolidarse a sublevación e comezar a represión desatada. A muller de Juan Ángel sería condenada por un Tribunal militar á 6 meses e 1 día de prisión porque en compañía da súa filla reclamou ás portas do Cuartel que lle deixasen ver se o cadáver dun dos fusilados o 11 de outubro era o do seu marido. Como consecuencia da súa detención tamén foi ingresado no cárcere o mecánico Gerardo Añel Salgado, daquela afiliado ós Requetés, onde figuraba como Conserxe de Pelayos, acusado de lle proporcionar agocho ata o mes de decembro anterior.” (páxs. 94 e 95).
Apuntamentos de David Simón (Amigos da República) sobre Juan Nóvoa. No Facebook de D.S., o 30 de agosto de 2025:

Es interesante la información que aporta esta reseña/epitafio acerca de la vida y actividad política de Juan Nóvoa Nóvoa (1898-Ourense, diciembre de 1976), cofundador del PCE en Ourense, y que fue secretario general del PCE en Ourense en los complicados años de la posguerra, en el año 1942-1943. Poco después de su fallecimiento (en diciembre de 1976), el PCG de Ourense y de Galicia le rinden homenaje a través de este texto a modo de epitafio en el periódico/boletín A voz do pobo : ¡Proletarios de todol-os países unídevos! (Órgao do Partido Comunista de Galicia) en el número de 23 de enero de 1977.
En el periodo de la Segunda República, Guerra Civil y posguerra, las figuras de Benigno Álvarez y Santiago Álvarez fueron dos símbolos históricos del PC ourensano Hay sin embargo otras figuras del PC ourensano de ese periodo, que han quedado en la penumbra y son menos conocidas… Uno de ellos fue Juan Nóvoa.
Van algunos datos recogidos de A Voz do Pobo, y de algunas fuentes de Internet. Estuvo condenado a muerte, a cadena perpetua y a trabajos forzados…. Pasó dos periodos de su vida en la cárcel, y estuvo también en la guerrilla como enlace. Uno de sus hijos que fue miembro de la guerrilla antifranquista (Máximo Nóvoa Barreiros) fallece en 1948 cerca de Coles en un enfrenamiento armado. Según wikipedia: “Juan Novoa: Tipógrafo en Ourense. Afiliado ao Partido Comunista, foi redactor de La Zarpa e colaborador de El Soviet. Foi elixido secretario da Casa do Pobo de Ourense en 1931, e secretario da Asociación de Inquilinos de Ourense en outubro de 1933. Foi membro do Comité Executivo provincial do PCE de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado co seu irmán Manuel nunha especie de cova construída por eles no soto do edificio no número 37 da rúa Raíña Vitoria de Ourense. Descubertos, foron detidos o 5 de abril de 1937. Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión, foi condenado a pena de morte, logo conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Estivo preso no Reformatorio de Adultos de Ocaña, do que saíu en liberdade condicional en setembro de 1952. Despois exiliouse.“
En la tesis doctoral de Victor Santiadrián acerca de la historia del PCE en Galicia, podemos ver una descripción breve de la situación en aquellos años del PCE en Ourense en torno a 1942-1943:
“Pola súa banda, os comunistas de Ourense empezaran a reconstruí-lo seu comité provincial no verán de 1942, sen ter conexión ningunha coa dirección de Madrid. Juan Nóvoa foi nomeado secretario xeral e Teófilo Fernández quedou encargado das relacións cos fuxidos da provincia (Heine, 1980: 77-78). No comité ourensán, ó que tamén pertenecían Ricardo Docampo Pousa Romakoff e Francisco Rey Drox, correspondeulle a Simón Fernández a responsabilidade de mante-las relacións cos fuxidos en Portugal, polo que conectou cun dos encargados do centro do PCE en terras lusas, Víctor García Estanillo O Brasileño, comunista que se trasladou a fins do ano 1943 a Vigo. Dende alí enlazou coa Coruña e Lugo co obxectivo de formar un comité para toda Galicia”.
Según el médico Victor García, hijo de Víctor García, O Brasileiro, la relación de su padre con el núcleo ourensano en aquellos años 40 fue muy estrecha, especialmente con Teófilo Fernández y con Simón Fernández. “O Brasileiro” y Teófilo Fernández fueron eliminados en 1948 por el propio PCE durante las purgas contra los “monzonistas”.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O CÁRCERE DE MULLERES: https://memoriacelanova.fala.gal/tag/carcere-de-mulleres
1 comentario
Presas documentadas: agosto 36-decembro 37 – memoriacelanova · 9 Febreiro, 2026 ás 4:33 p.m.
[…] Dolores Barreiros Gómez […]