Así presenta a xornalista este capítulo:
O vindeiro 4 de novembro o Goberno incoará o expediente para declarar Ferrol como Cidade de Memoria Democrática. Recoñece así a loita que a urbe realizou en favor das liberdades e a democracia no último século. No capítulo 20 de ‘A ferida aberta no 36’ analizaremos os fitos, lugares e persoas que fan a Ferrol merecente deste recoñecemento e percorreremos outros enclaves de Galicia que tamén queren ser recoñecidos como lugares de memoria como Celanova, Ourense, A Coruña ou Lugo. Pero ademais, repasarémola traxectoria vital e profesional dun dos pais do galeguismo: o intelectual Alexandre Boveda.
Vaia por diante o noso agradecemento a todos cantos interveñen neste capítulo:
– Xosé Manuel Suárez, historiador; especialista na represión en Ferrolterra.
– Hixinio Araúxo, presidente do comité da memoria histórica de Celanova
– Carlos Lozano, presidente da Asociación de Amigos do Campo de Aragón, de Ourense.
– Carlos Babío, presidente da CRMH da Coruña.
– Emilio Grandío, catedrático de historia contemporánea e membro do Instituto Cornide da Coruña.
– Amalia e Valentín García Bóveda, filla e neto de Alexandre Bóveda.
A ligazón ao episodio: AQUÍ.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS 90 DE SAN BREIXO
0 comentarios