Grazas á colaboración das familias seguimos a recibir material gráfico inédito de presos na Prisión Central de Celanova. Hoxe publicamos esta imaxe dun grupo de presos no Patio das Cabalerizas do Mosteiro, que formou parte do conxunto penitenciario entre 1938 e 1943, cedida por un neto de José Del Río Iborra, traballador ferroviario e veciño do concello de Salas no occidente asturiano, preso en Celanova entre maio de 1938 e xullo de 1943.

Non foi posíbel de momento precisar a data da fotografía, que como evidencia a vestimenta dos reclusos fíxose no contexto dun día festivo, cando se permitía o acceso de familiares desprazados até a vila. Hai constancia de que iso acontecía polo menos unha vez ao ano desde 1939, cando en abril o novo Estado franquista declarou a Virxe da Mercede como padroa dos cárceres e o 24 de setembro, Día da Mercede, como xornada de festa nas prisións.

O grupo está composto por 35 reclusos e Julio Del Río Iborra é o primeiro pola esquerda, e vira lixeiramente a mirada cara á dereita. Del Río foi condenado á pena de cadea perpetua (logo rebaixada) por un tribunal militar en Oviedo en xaneiro de 1938 e ingresou na Prisión de Celanova o 14 de maio daquel ano. Deixaba muller e sete fillos. E a familia esfarelouse tras a morte da nai e co pai preso durante cinco anos en Celanova.

Contóunolo Agustín Cernuda del Río, o neto, nunha carta remitida ao Comité xunto coa fotografía:

“Ayer, 14 de octubre de 2025, mi mujer y yo estuvimos de visita en Celanova. Aunque no era el objetivo principal de nuestra visita, tenía curiosidad por ver el monasterio en el que, según me habían contado, estuvo preso mi abuelo como una de las víctimas (no mortales, en este caso) del golpe militar de 1936.

He de decir que hace unos cuantos años, cuando me interesé por esta cuestión, en la entrada de Wikipedia sobre el monasterio no había mención alguna a su papel como campo de concentración. Llegué a dudar de si la historia que me habían contado (muy, muy superficialmente) era correcta; tal es el propósito de algunas prácticas de desmemoria que se disfrazan de reconciliación. Pero pronto disipé mis dudas porque vi otra página web que hablaba de ello y, sobre todo, porque conservaba una foto, que en el reverso tiene escrito un lugar y unas fechas.

Mi abuelo se llamaba José del Río Iborra. Cuando fue encarcelado, tenía siete hijos, que quedaron al cargo de su madre, Regina González. Esta murió al poco tiempo de neumonía, y los siete niños se separaron al cuidado de diversas familias. Mi madre, María Olvido, que andaba por los diez años, y su hermano pequeño, José, se criaron en una aldea de Salas (de donde era natural, al parecer, mi abuelo).

Cuando mi abuelo salió, ya no había mucho que arreglar. Sus hijos habían ido abriéndose camino contra la miseria, su mujer ya no estaba, y se casó en segundas nupcias. Yo, que además nací bastante tarde, no llegué a conocerlo.

El caso es que tenía curiosidad por ver el sitio concreto en el que se había hecho esa foto que siempre ha estado con mi familia. No sabía qué me encontraría y esperaba incluso hostilidad pero, para mi sorpresa, en Celanova sí que se respeta la memoria histórica, sí que se documenta sin complejos y de manera sana lo que ocurrió, y solo me he encontrado excelente atención y todas las facilidades, pese a que no estaba realizando ninguna indagación seria.”

A familia ten vontade de continuar indagando na historia de José Del Río e o Comité colaborará con eles na procura de máis documentación. O seguinte paso será facer pública a causa militar pola que foi condenado, documento que se atopa -sen dixitalizar- no Arquivo Intermedio Militar de Ferrol e na que aparecen outros dous presos que penaron tamén en Celanova nos mesmos anos que Del Río: son Faustino Fernández Fernández (nado en 1919) e Manuel Ordóñez Montes (nado en 1921), ambos labradores e veciños do concello de Aller, o primeiro da aldea de Cuérigo, o segundo de Pelúgano.

Máis información:

LISTADO DE PRESOS ASTURIANOS MORTOS NA CADEA E SOTERRADOS NO CEMITERIO PARROQUIAL DE SAN BREIXO EN CELANOVA.

Outra imaxe de presos no mesmo espazo do Patio das Cabalerizas, entre eles, Ángel Santos (arriba, terceiro desde a dereita), a quen a familia identificou na foto.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario