II Xornadas MEMORIA e MULLER
Presentación do ensaio “CIUDAD DE LA SELVA”
Sábado 15 de marzo ás 16,30 horas no Auditorio Municipal de Celanova.
Palestra de Olalla Álvárez, co-autora, e Francisco Macías, editor.
EDICIÓNS POSITIVAS
…así se fala desta obra:

“O libro trata de desenvolver a capacidade dos obxectos (xunto con documentación e información oral transcrita) e niso se apoia a súa estrutura, que amosa como estes materiais poden explicar mellor os diferentes temas. E un deles é a vida cotiá, un aspecto moi difícil de ver noutra documentación. Falamos de xente que estivo nos montes de Casaio durante 5 anos e iso implicou cuestións como a apropiación da paisaxe, que era difícil, a construción de campamentos, o uso de multitude de obxectos que fixeron posible toda esa resistencia armada, vencella á Federación de Guerrillas León-Galicia, que é a estrutura guerrilleira que estivo nesta Ciudad de la Selva”, Carlos Tejerizo, arqueólogo, na presentación en Valdeorras (xornal O Sil).


“Esta investigación colectiva asumida polo proxecto Sputnik Labrego, representa un paso determinante na recuperación da historia da guerrilla do noroeste da Península (Galiza, Bierzo, Cabreira), enfocada dun xeito analítico e creativo, coa incorporación de novidosas propostas a través da materialidade arqueolóxica, a apropiación da paisaxe e a presenza con perfil propio da muller, quer nas propias partidas, quer nas redes de enlace, consideradas ambas dentro dun mesmo proceso de resistencia. É certeira e documentada a constatación de que a supervivencia da insurxencia armada só pode ser explicada polos vínculos que estableceu coas distintas comunidades locais, de cuxo dominio do territorio, complicidade, saber-facer e imaxinario colectivo se nutríu” (Dionísio Pereira).

“Sputnik Labrego traballa en Casaio desde 2017, estudando este conxunto de campamentos que a Federación de Guerrillas de León-Galiza estabeleceu como base de operacións. No monte atópanse moitas “construcións rudimentarias” usadas pola guerrilla, denominadas “chozos”, seguindo o nome tradicional do pastoreo. Dos preto de 50 que podería ter habido segundo a documentación, atopáronse 20, moitos deles derrubados pola extracción de lousa na zona. No monte atópanse moitas “construcións rudimentarias” usadas pola guerrilla, denominadas “chozos”, seguindo o nome tradicional do pastoreo. O éxito no traballo do grupo permite falar hoxe dun dos xacementos deste tipo “mellor documentado de Europa occidental a nivel arqueolóxico”, di Tejerizo. Así, conseguiron moita información relativa a aspectos como a vida cotiá, a presenza da muller ou a organización” (Nós Diario).
A presentación das Xornadas na programación do “Mes da Muller” do Concello de Celanova:



NOVAS RELACIONADAS
0 comentarios