Andrés González, veciño de Celanova e socio do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova desde a súa fundación, faleceu este luns aos 54 anos de idade. Foi un namorado de Celanova, onde residiu toda a súa vida, da nosa historia e do noso patrimonio. Lector atento e persoa comprometida na recuperación da memoria, colaborou sempre co Comité na medida que as súas doenzas llo permitiron. Lembrarémolo como un home tenro e tolerante, de corazón feliz e mente clara.
As nosas condolencias á familia.
Que a terra che sexa leve, Andrés.


1 comentario
Hixinio Araúxo, novo presidente do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova – memoriacelanova · 15 Xuño, 2025 ás 4:41 a.m.
[…] Faleceu Andrés González, socio do Comité Faleceu Antonio Meléndez, socio fundador do Comité Categorías: Comunicados […]