Orde cronolóxica

1936
1. Emilio Fuentes Canal
2. Manuel Fuentes Canal

1938
3. Benito Bello Fernández
4. Fernando Rodríguez Rodríguez
5. Juan Bueno Sordo
6. Gaspar Fernández Pérez
7. Eladio Menéndez García
8. Agustín Cuervo Carrión
9. Vicente Méndez Fernández
10. Plácido Rosal Valdés
11. Enrique Rodríguez Castaño
12. Ángel Santos González
13. Manuel Faría
14. Ventura Fernández García
15. Mariano Panizo Fernández
16. José Gómez De la Rocha

1939
17. Clemente Abenia Escudero
18. Francisco Solano Lorenzo Ayllón
19. Vicente Álvarez García (Toledo)
20. Manuel Espina Espina
21. Honorio López García
22. José Álvarez Bardasquera
23. Cándido Alonso Escudero
24. Plácido Álvarez Pacheco
25. Abelardo Suárez del Busto
26. Alfonso Moreno Gayol
27. Baldomero Vigil-Escalera Vallejo
28. Belarmino Álvarez García
29. Guillermo de Diego Álvarez
30. Marcelino Fernández García
31. Mariano Blanco González
32. Domingo Mantilla González
33. Enrique Menéndez Zapico

1940
34. Felipe Fernández Álvarez
35. Luis González González
36. Samuel Pico Méndez
37. Lino Álvarez González
38. Ricardo Alegre Serrano
39. Emilio Casielles Álvarez
40. Juan Solís Fernández
41. Amador Mata Mata
42. Bautista García Buelga
43. Julián Antón Parrondo
44. Andrés García Olivares
45. Victoriano Fernández Moreno

1941
46. Constantino Díaz Tuya
47. Domingo Cervera Valverde
48. José Suárez Blanco
49. Luis Álvarez Prendes
50. David Sierra Feito
51. Máximo Ruiz Sánchez
52. Gerardo Tovar Gris
53. Vicente Álvarez García (Oviedo)
54. Francisco Quesada Ruiz
55. Francisco Fernández Llaneza
56. Francisco Enterría Niembro
57. Enrique Senra Fernández
58. Jesús Busto Alonso
59. José Rosales Frías
60. Joaquín García Fernández
61. Ramón Fuentes Gámez
62. Telesforo García Garrido
63. Aniceto Tascón Tascón
64. Robustiano Zuazua Menéndez
65. Gabriel López Gómez
66. Constantino Tuero Amandi
67. Rafael Morales Gordo
68. Francisco Soto Sánchez
69. Victoriano López García

1942
70. Ramón Perna Vallarín
71. Juan Caso Menéndez
72. José Solana Ferraz
73. Faustino González Hevia
74. Jacinto Resino Crespo
75. Fernando González González
76. José Tuñón Díaz
77. Andrés Blanco Poyuelo
78. Anastasio Blas González
79. Nicasio Vázquez Zurita
80. Pedro Jado Bermejo
81. Donato Tejido López
82. Ildelfonso Martínez Jiménez
83. Edilberto Benito Venegas

1943
84. Francisco Moreno Medina
85. Hermenegildo Crespo Velasco
86. Cástor Martín Delgado
87. Julián De Diego Ortego
88. Ramón Yáñez Pereira
89. Manuel Gregorio Nieto Morales
90. Juan Masa Chamorro

A INVESTIGACIÓN DE RODRÍGUEZ TEIJEIRO

A lista que se tomou como referencia é a elaborada polo principal autor dos estudos da República e da guerra e a represión en Celanova, o profesor Domingo Rodríguez Teijeiro (Universidade de Vigo), que en 1999 publicou o ensaio Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador: represión e reclusión en Celanova (1936-1943).

Nesa obra, Rodríguez Teijeiro anotou os nomes das vítimas no cárcere entre 1937 e até o peche da prisión en setembro de 1943. A lista estaba elaborada a partir dos rexistros de defuncións no Xulgado municipal. O Comité revisou ademais os arquivos parroquiais, os expedientes carcerarios, as causas dos presos e outra documentación da Prisión central.

A FOSA

Nesa revisión, apareceu a información que permitiu sinalar o lugar exacto onde foron soterrados os 7 asturianos fusilados en setembro de 1939 (que estaba na memoria oral, mais non documentado). E, seguindo ese fío, ampliar a información sobre as vítimas no cárcere soterradas en San Breixo. Ademais de engadir 4 novos nomes de vítimas no cárcere á lista de Teijeiro e excluír un, dos dous considerados presos comúns -que comezaron o seu periplo carcerario con anterioridade ao golpe de Estado de xullo do 36- ao non ter atopado aínda no seu caso unha vinculación coa represión política (si no outro caso: ver aquí).

O Comité engadiu á lista outros 3 nomes, os dos irmáns Fuentes Canal e o do guerrilleiro Ramón Yáñez, que non chegaron a pasar polo cárcere, mais figuran como soterrados en San Breixo.

A primeira versión revisada da lista publicámola o 2 de xaneiro de 2024. Naquela altura xa tiñamos contacto coas familias de Abelardo Suárez del Busto, Marcelino Fernández García, Baldomero Vigil-Escalera Vallejo -os tres, do grupo de fusilados no 39-, do cántabro Victoriano Fernández Moreno, do palentino Gerardo Tovar Gris, do andaluz Francisco Moreno Medina e do estremeño Juan Masa Chamorro.

DOCE FAMILIAS

No último ano, contactaron connosco as familias de Ángel Santos González e Gaspar Fernández Pérez, asturianos, e do madrileño Hermenegildo Crespo Velasco. E atopamos, entre os nomes novos incorporados á lista, á familia de Victoriano López García, toledano. Finalmente, en novembro pasado entramos en contacto con familiares de Ramón Yáñez durante un acto en Monforte en memoria do guerrilleiro.

Outros contactos iniciais, con familiares de Alfonso Moreno Gayol e Mariano Blanco González -dous dos do grupo de fusilados-, e Manuel Gregorio Nieto Morales, madrileño, interrompéronse e estase tratando de retomalos.

En total, son xa 12 familias entre as 90 vítimas, as que están interesadas en que se coñezan as historias e as circunstancias das mortes en Celanova, e coas que o Comité colaborará para que o cemiterio sexa declarado Lugar de Memoria e se continúe investigando sobre os represaliados alí soterrados, dos que xa se exhumaron 7 corpos grazas ao Plan estatal de fosas 21/24.

Categorías: Vítimas

3 comentarios

Entrevista en Onda Cero sobre o memorial en San Breixo – memoriacelanova · 6 Febreiro, 2025 ás 6:59 p.m.

[…] Relación de 90 vítimas soterradas entre 1936 e 1943 no cemiterio de San Breixo […]

memoriacelanova · 14 Marzo, 2025 ás 5:54 p.m.

[…] Entre agosto de 1936 e agosto de 1943 están documentados os soterramentos de 90 homes, vítimas da represión fascista durante a guerra e a ditadura, no cemiterio de San Breixo,…. […]

Localizadas 16 familias do Memorial dos 90 que Celanova inaugura o domingo – memoriacelanova · 20 Marzo, 2025 ás 2:06 p.m.

[…] Relación de 90 vítimas soterradas entre 1936 e 1943 no cemiterio de San Breixo […]

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario