O Comité considera a súa intervención do mércores no Parlamento, na súa condición de deputado, un exercicio de negacionismo que atenta contra a dignidade das vítimas e o deber cívico de procurar para elas a verdade, a xustiza e a reparación.

CELANOVA, 18 de xaneiro de 2025.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova demanda a través deste comunicado que o Padroado da Fundación Curros Enríquez destitúa ao exconcelleiro de Cultura e exalcalde José Luis Ferro Iglesias como membro desa institución, na defensa da dignidade das vítimas do fascismo e o seu dereito (que é o dereito de todas e todos) á verdade, á xustiza e á reparación.

Transcorridos tres días desde a súa infame intervención no Parlamento de Galiza, na que negou asasinatos e prácticas xenocidas na Colonia Penitenciaria de San Simón, onde están documentados máis de 400 mortos durante a guerra e a inmediata ditadura, o deputado do PP por Ourense e membro dese Padroado desde a súa etapa como concelleiro en 2012 non ten feito o mínimo xesto de rectificación malia á morea de críticas que recibiu desde sectores diversos da sociedade galega, mesmo unha advertencia directa do Concello de Redondela (Pontevedra) de que será levada a pleno unha proposta para declaralo persoa non grata.

As infames declaracións de Ferro Iglesias resultan intolerábeis para este Comité, non só polos precedentes (varios) das súas actuacións como alcalde e como concelleiro en cuestións relacionadas coa memoria histórica de Celanova, tamén pola circunstancia de que na historia de Celanova están inscritos os nomes de presos (varios) na Prisión Central, que entre finais dos anos trinta e principios dos corenta do século pasado, foron trasladados a San Simón onde morreron a causa dos padecementos sufridos nos cárceres (tamén na de Celanova) e da súa idade avanzada, porque a orde era levar aos sexaxenarios para San Simón.

José Luis Ferro, exconcelleiro de Cultura, exalcalde de Celanova, parlamentario autonómico e licenciado en Ciencias de la Religión pola Universidade de Navarra, ten o deber cívico de memoria para coas “persoas que foron perseguidas, encarceradas, torturadas e mesmo perderon os seus bens e até a vida en defensa da democracia e a liberdade” (no preámbulo da Lei estatal de Memoria Democrática de 2022) e o deber moral de respectar ás vítimas. O Padroado da Fundación Curros Enríquez ten a obriga cívica e moral de corrixir esta infamia e repudiar ao seu autor.


O día 23 de xaneiro, José Luis Ferro publicou unha tribuna nas páxinas de opinión de La Región. É esta:

O Comité acordou facer a seguinte reflexión ao respecto:

𝐎 𝐬𝐞𝐧̃𝐨𝐫 𝐅𝐞𝐫𝐫𝐨, 𝐧𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐚𝐦𝐚𝐬𝐜𝐨

Sete días despois das súa infame intervención no Parlamento galego negando asasinatos e mortes de presos na Illa de San Simón durante a represión fascista, o deputado autonómico do PP e exalcalde de Celanova, José Luis Ferro, publica unha tribuna en prensa (La Región, 23 de xaneiro) na que recoñece “un erro”, asegura que “no meu ánimo nunca estivo ferir a sensibilidade de ninguén” e pide “desculpas” polo que considera “un mal entendido” (malentendido).

Considera que a súa intervención sacouse de “contexto” e intenta “clarexar o que realmente quería transmitir”.

𝐅𝐞𝐫𝐫𝐨 𝐫𝐞𝐜𝐭𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚 𝐚𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐚𝐟𝐢𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐧𝐨 𝐏𝐚𝐫𝐥𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐧𝐨 𝐜𝐮𝐚𝐫𝐭𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚́𝐠𝐫𝐚𝐟𝐨, 𝐞𝐱𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐧𝐝𝐨 “𝐩𝐮𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞” 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐚 𝐈𝐥𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐒𝐢𝐦𝐨́𝐧 “𝐦𝐨𝐫𝐫𝐞𝐫𝐨𝐧 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐫𝐢𝐚𝐝𝐨𝐬, 𝐮𝐧𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐮𝐬𝐢𝐥𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐞𝐧𝐟𝐞𝐫𝐦𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞”.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova difunde esta rectificación pública do deputado coa esperanza de que, tamén nalgún momento, recoñeza o seu “erro” cando, sendo alcalde, obviou a lei de memoria de 2007 no cambio de nome da Avenida López Blanco, como era preceptivo cando se trataba de eliminar do rueiro calquera apoloxía da Guerra Civil e do franquismo, no seu primeiro desprezo público ás vítimas da Guerra e do franquismo.

E que tamén -hai tempo- recoñeza o seu “erro” cando, como concelleiro, desprezou ás vítimas afirmando que se se tiña esperado 80 anos para declarar a urxencia de eliminar o símbolo fascista do Outeiro da Obra, como obriga a lei, ben se podía seguir esperando un tempo (isto díxoo en abril de 2021 e en novembro de 2022 o seu grupo volveu bloquear a retirada do símbolo).

Desde o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova desexamos que, en adiante, o deputado sexa fiel ao que di sobre si mesmo en canto a súa traxectoria política (“sempre indiscutiblemente democrática e conforme ao respecto aos dereitos humanos fundamentais”) malia que a súa práctica política teña ido por outro camiño; e combata desde eses valores, con feitos, calquera intento de retorcer a historia, unha vez que declara publicamente que non é “ningún negacionista da represión franquista, senón todo o contrario”. E que o faga con feitos.

𝐍𝐮𝐧𝐜𝐚 𝐞́ 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞. 𝐁𝐞𝐧𝐯𝐢𝐝𝐨 𝐚́ 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐕𝐞𝐫𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐚 𝐗𝐮𝐬𝐭𝐢𝐳𝐚 𝐞 𝐚 𝐑𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧.

Publicado en https://www.facebook.com/celanovanamemoria o 25 de xaneiro de 2025.

Categorías: Comunicados

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario