O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia e o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova participaron onte en Monforte nun acto de homenaxe e reivindicación da figura do guerrilleiro Ramón Yáñez Pereira, asasinado na Caseta de Ansemil (Celanova) o 13 de xullo de 1943 e soterrado no cemiterio celanovés de San Breixo. O acto estivo organizado polo Concello de Monforte e nel participou o acalde e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

No transcurso da conferencia de Carlos Morais, presidente do Comité pola Memórica Histórica do Val do Límia, historiador e principal investigador sobre a figura de Ramón Yáñez, presentouse desde o público un familiar Ramón Yáñez Pereira.

Contou como na casa lembraban a historia de Ramón e a súa morte en Celanova, así como a axuda que lle prestará en especial unha das irmás, Práxedes, que sofriu cárcere por elo.

Un dos asistentes entregou a Carlos Morais unha esquela de Avelino Yáñez Pereira, irmán de Ramón, soldado do exército sublevado que morreu en Cella (Teruel) en xaneiro do 38. Na esquela aparece unha relación de familiares: as irmáns Práxedes e Trinidad (ao parecer falta outra das irmás, Luisa; os irmáns Luis, Ramón e Fernando; os cuñados Avelino (médico e marido de Luisa) e Elías; e a cuñada, Teresa Batet, a parella de Ramón.

O principal obxectivo dos traballos sobre Ramón Yáñez Pereira: localizar á familia, cumpriuse onte. Mais Carlos Morais lembrou ao alcalde de Monforte que segue sendo preciso conseguir outra documentación de acceso público, como a causa que se seguíu en Barcelona contra Teresa Batet. O alcalde, José Tomé, comprometeuse a realizar xestións neste sentido desde o goberno municipal de Monforte.


1 comentario

Relación de 90 vítimas soterradas entre 1936 e 1943 no cemiterio de San Breixo – memoriacelanova · 24 Xaneiro, 2025 ás 11:16 a.m.

[…] No último ano, contactaron connosco as familias de Ángel Santos González e Gaspar Fernández Pérez, asturianos, e do madrileño Hermenegildo Crespo Velasco. E atopamos, entre os nomes novos incorporados á lista, á familia de Victoriano López García, toledano. Finalmente, en novembro pasado entramos en contacto con familiares de Ramón Yáñez durante un acto en Monforte en memoria do guerrilleiro. […]

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario