O Comité de Memoria pide ao Concello de Celanova que retire o apoio a actividades que non respectan a toponimia oficial nin a lei de memoria
O Comité rexistrou una petición dirixida á Alcaldía advertindo dunha “andaina” que inclúe unha visita ao “Monte da Cruz”, utilizando conscientemente esa denominación no canto do topónimo oficial cun ánimo contrario á lei de memoria e ao espírito de todas as resolucións que desde o Concello de Celanova se veñen tomando desde o 30 de novembro de 2022,
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova solicitou por escrito ao Concello de Celanova que “retire o seu apoio á actividade denominada ‘I Andaina Cultural’ e retire das súas redes sociais e entidades dependentes do Concello a publicidade da mesma”.
O Comité entende que a convocatoria aludida, que inclúe entre as actividades unha visita ao “Monte da Cruz”, está utilizando conscientemente esa denominación no canto do topónimo oficial cun ánimo contrario á lei de memoria e ao espírito de todas as resolucións que desde o Concello de Celanova se veñen tomando desde o 30 de novembro de 2022, cando por unanimidade en pleno se acordou a retirada do símbolo falanxista ilegal dese espazo e se recuperou definitivamente como topónimo oficial o de OUTEIRO DA OBRA.
No escrito, rexistrado este domingo, lémbrase que, segundo o previsto na Ley de Memoria Democrática 20/2022, de 19 de outubro, a convocatoria de actos que inciten á exaltación persoal ou colectiva “de la sublevación militar, de la Guerra o de la Dictadura, de sus dirigentes, participantes en el sistema represivo o de las organizaciones que sustentaron al régimen dictatorial, cuando entrañe descrédito, menosprecio o humillación de las víctimas o de sus familiares” debe ser sancionada, e que as autoridades que teñan coñecemento desas actuacións “estarán obligadas a comunicarlo al órgano competente para incoar el procedimiento sancionador”.
E sinálase que a lei advirte que as Administracións públicas “en ningún caso podrán otorgar subvenciones que tengan por objeto la realización de una actividad o el cumplimiento de una finalidad que atente, aliente o tolere prácticas calificadas como infracciones”.
Celanova, 6 de otubro de 2024.
TEXTO DA PETICIÓN AO CONCELLO
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova diríxese a esta Alcaldía coa seguinte demanda:
– Que o Concello de Celanova retire o seu apoio á actividade denominada “I Andaina Cultural” e retire das súas redes sociais e entidades dependentes do Concello a publicidade da mesma.
O Comité xustifica a súa demanda na necesidade de que a Administración pública sexa proactiva na difusión do topónimo oficial OUTEIRO DA OBRA e rexeite a utilización de nomes con referencias franquistas en cumprimento da Ley de Memoria Democrática 20/2022, de 19 de outubro.
O Comité lembra que, segundo o previsto na lei, a convocatoria de actos que inciten á exaltación persoal ou colectiva “de la sublevación militar, de la Guerra o de la Dictadura, de sus dirigentes, participantes en el sistema represivo o de las organizaciones que sustentaron al régimen dictatorial, cuando entrañe descrédito, menosprecio o humillación de las víctimas o de sus familiares” debe ser sancionada, e que as autoridades que teñan coñecemento desas actuacións “estarán obligadas a comunicarlo al órgano competente para incoar el procedimiento sancionador”.
E sinala que no mesmo texto se advirte que as Administracións públicas “en ningún caso podrán otorgar subvenciones que tengan por objeto la realización de una actividad o el cumplimiento de una finalidad que atente, aliente o tolere prácticas calificadas como infracciones”.
O Comité entende que a convocatoria aludida, que inclúe entre as actividades unha visita ao “Monte da Cruz” está utilizando conscientemente esa denominación no canto do topónimo oficial cun ánimo contrario á lei de memoria e ao espírito de todas as resolucións que desde o Concello de Celanova se veñen tomando desde o 30 de novembro de 2022, cando por unanimidade en pleno se acordou a retirada do símbolo falanxista ilegal dese espazo e se recuperou definitivamente como topónimo oficial o de OUTEIRO DA OBRA.
Por iso a nosa demanda, co convencemento de que as autoridades locais teñen a vontade de facer cumprir a lei e ir eliminando os vestixios do franquismo.
***