Celebrouse este domingo en Celanova a primeira homenaxe pública ao guerrilleiro Ramón Yáñez Pereira, asasinado no exterior da Caseta de Ansemil cando trataba de fuxir dunha emboscada das forzas de represión franquista o 13 de xullo de 1943.

Ramón Yáñez Pereira, militante comunista e un dos mandos do grupo de guerrilleiros na zona do Laboreiro, era natural de Monforte, e por iso o acto contou coa participación, en representación do Concello de Monforte, de Gloria Prada Rodríguez, 1ªTenente de Alcalde e concelleira de Facenda, e polo Concello de Celanova, Teresa Barge, Tenente de Alcalde e concelleira de Igualdade.

Teresa Barge (tenente de Alcalde de Celanova), Celia Inés Feijóo (presidenta do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova), Carlos Morais e Gloria Prada (tenente de Alcalde de Monforte de Lemos).

Os comités de memoria do Val do Límia e da Comarca de Celanova andan á procura de familiares de Ramón Yáñez Pereira e hoxe expresaron o seu desexo de contar neste labor coa colaboración dos gobernos municipais de Monforte e Celanova. O nome do guerrilleiro pecha a lista do futuro memorial ás vítimas da represión soterradas no cemiterio de San Breixo, foi a última da 88 vítimas documentadas até o momento.

Nos próximos meses, os comités traballarán con ambas institucións para desenvolver en Monforte de Lemos un acto de reivindicación da figura de Yáñez, que axude ademais na procura de familiares. A última pegada sobre O Médico que atoparon os investigadores é a de dous irmáns: TRINIDAD YÁÑEZ PEREIRA e PRÁXEDES YÁÑEZ PEREIRA, que penaron no cárcere de Lugo a principios dos anos corenta, así como a da compañeira do guerrilleiro, a catalá TERESA BATET SOLANES, presa durante case un ano no mesmo cárcere.

Nos próximos meses, os comités traballarán con ambas institucións para desenvolver en Monforte de Lemos un acto de reivindicación da figura de Yáñez

Despois da presentación dun vídeo sobre a elaboración do cartaz de Baldomero Moreiras que narra o suceso da morte do guerrilleiro, o historiador Carlos Morais, presidente do Comité pola Memória Histórica do Val do Límia, ofreceu unha conferencia sobre a vida de Ramón Yáñez, desde a súa emigración a Barcelona antes da guerra até o seu regreso a Monforte xa en plena ditadura, onde mantivo a súa actividade política na clandestinidade até que se incorporou á guerrilla. Yáñez, tamén coñecido co alcume do Médico, achegouse a Celanova en xullo daquel ano 1943 para tratar de conseguir cartos a través dun con-veciño de Monforte e parece que vello amigo, naquela altura xa un rico comerciante instalado en Celanova. Mais o guerrilleiro foi denunciado polo seu vello amigo, de nome Ramón Castro, e un grupo de militares e gardas civís arrodearon a fonda da Caseta e mataron ao Médico cando intentaba fuxir cara o monte. A autopsia, recollida na causa contra Yáñez Pereira, non deixa lugar a dúbidas da violencia dos represores contra o guerrilleiro. Carlos Morais, recompilando información na propia causa e de investigacións anteriores, segue a documentar a figura dun dos últimos soldados da República que mantivo a loita contra o réxime franquista nas comarcas arraianas.

Rematada a conferencia, os comités sinalaron a Caseta de Ansemil como LUGAR DE MEMORIA, colocando o cartaz de Baldomero Moreiras e recollendo unha fotografía do artista xunto a Carlos Morais na fachada do que queda da fonda.

Baldomero Moreiras e Carlos Morais, este domingo na Caseta de Ansemil, sinalando o lugar de memoria.

VÍDEO DA CONFERENCIA EN YOUTUBE

(en proceso)

ARTIGOS EN PRENSA

Nós Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/memoria-rebelde-do-enrique-volve-terras-celanova/20240714162711202424.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR3bJMHLtToyyHdK0ZP3Ex5OPnC59bDfyMfLf4u73Rppg_A-fXGqCGO2Ltk_aem_K35dkIc-_BKWq714IG_rWA

Badal Novas: https://www.badalnovas.com/2024/07/15/celanova-e-monforte-colaboraran-na-recuperacion-da-figura-de-ramon-yanez-e-na-procura-de-familiares-do-guerrilleiro/?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR2tB2KF0B6blJemJJVmb0xU-42RjuDMlvIAILB8rNfmpI6EXCoByiBr7Z8_aem_Md_gVhKsgxy1ZbBumgP5EA

XORNAL DE LEMOS

(1) https://xornaldelemos.gal/sociedade/61163-na-busca-de-familiares-do-guerrilleiro-monfortino-ramon-yanez-pereira/

(2) https://xornaldelemos.gal/sociedade/61864-acto-de-homenaxe-ao-guerrilleiro-monfortino-ramon-yanez-pereira-este-14-de-xullo-en-celanova/

La Voz de Galicia (ed. Lemos): https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2024/04/24/buscan-familia-guerrillero-monforte-muerto-celanova/0003_202404M24C2992.htm

LA REGIÓN (en papel)

LA VOZ DE GALICIA, edición LEMOS

GALERÍA


2 comentarios

A memoria de Ramón Yáñez volve a Monforte – memoriacelanova · 1 Novembro, 2024 ás 9:32 a.m.

[…] Celanova e Monforte traballan na recuperación da figura de Ramón Yáñez Acto de homenaxe ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira en Celanova o domingo 14 Categorías: ComunicadosVítimas Etiquetas: Ramón Yáñez Pereira […]

Obxectivo cumprido en Monforte: aparece un familiar de Ramón Yáñez – memoriacelanova · 12 Novembro, 2024 ás 2:11 p.m.

[…] memoria de Ramón Yáñez volve a Monforte Celanova e Monforte traballan na recuperación da figura de Ramón Yáñez Acto de homenaxe ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira en Celanova o domingo […]

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario