INTRODUCCIÓN

O mércores 23 de novembro de 2022 un equipo de arqueólogos iniciou a intervención na procura da fosa dos asturianos no cemiterio de San Breixo, en Celanova. O dato clave que permitiu situar a fosa aparecera un ano e medio antes nos certificados de enterramento que precisaban o lugar exacto: o panteón de don Isauro, que acolle os restos do seu fillo, o mártir da Cruzada fascista en Celanova.

Cando se cumpre o primeiro aniversario da intervención na fosa dos asturianos, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova empeza a divulgar un documento excepcional, o testemuño daquel tempo nunha serie de catro cadernos de notas, un dietario, do mestre represariado José Camilo Soto Losada, nos que conta vivencias persoais do tempo da República, a guerra e a ditadura en Celanova, entre elas, o paso polo cárcere, e ofrece unha crónica da sociedade celanovesa cunha pluma áxil e punzante. Son os escritos que conserva a familia, en base á copia que ofreceu Celia Inés Feijóo Soto, unha das netas do autor e presidenta deste Comité.

É un documento inédito que chamaremos, en ausencia dun título por parte do propio autor, OS CADERNOS DE CAMILIO SOTO. A primeira anotación que publicamos hoxe fai parte da serie de “Apuntes para e porvenir” sobre os mestres de Vilanova dos Infantes. Nesta, fala da muller de don Isauro, do propio don Isauro e da morte do fillo na fronte de guerra.

Aquí está hoxe a historia contada por quen a padeceu e que emerxe canda os restos e as leccións de Marcelino, Abelardo, Mariano, Baldomero, Alfonso, Belarmino e Guillermo.

páxina 34, do caderno “Apuntes para el porvenir. Los Maestros y Vilanova dos Infantes”.

👇🏻

O TEXTO

Maestra de Celanova esposa de Isauro López (1)

Nos toca hacer ahora la crítica razonada de esta maestra tan llevada y traída y a la que se nos figura califican exageradamente.

No cabe duda de que sabe enseñar y desde luego enseña; los errores de esta infeliz mujer no estriban en lo económico, pues es bastante rica, sino en las infamias del malvado de su marido que es la mas mala persona de la Villa; y el mas exagerado e informal político.

Esta Maestra (2) es de carácter dulce y atractivo, buena mujer y excelente madre; pero aunque al exterior poco trasluce, se sabe que las luchas intestinas son grandes. Hay episodios, según nos han referido que pasman, como aquel cuando trajeron muerto del frente a su hijo (3), en que la madre apostrofaba a su marido por haberlo dejado o hecho ir voluntario. Debemos ser justos y rectos en los juicios; yo no trato a esta mujer pero la verdad se impone. Su marido es el Secretario del Juzgado Municipal un verdadero bandido capaz de todos los crímenes (4).

Nos cuentan que cuando las amigas de familia lloraban ante el cadáver del hijo su desgraciado padre para dar una prueba de adhesión al régimen se puso a bailar delante de la caja mortuoria profiriendo frases que la pluma se resiste a escribir.

Cuando el triunfo en las elecciones del “Frente Popular” su banal y venal marido decía: “Verdaderamente, las niñas que mejor cantan la ´Internacional´ son las de mi esposa” y a renglón seguido “Yo estoy dispuesto a dar mi finca para el comunismo si necesario fuera”.

Cuando salí de la Cárcel, me dicen que se ofendió mucho por mi libertad, llegando al extremo de decir que no había derecho; porque mis doctrinas en la escuela eran negando a Dios, y sacando un duro les decía a los niños que era el verdadero “Ser Supremo” a quien debíamos adorar; veamos si puede existir ejerciendo, Maestro que suelte tan burdas frases. La vileza de tan infame calumnia me exime de responder a ella, porque ya se sabe fue urdida para causar efecto, me refiero al marido.

Desde luego, que esta Maestra consta como la mas adicta al régimen, ¡hay! ¡ Si el alma un cristal tuviera!, en fin, yo atribuyo todo al corrompido de su marido.

En los tiempos de “Nerón” los familiares iban a dar gracias a los dioses por la muerte violenta de sus deudos, temiendo caer en desagrado del Emperador tirano; así obró esta familia, cuando llegó el inanimado cuerpo de su digno hijo, diciendo; “No lloréis por él, ha muerto en defensa de la Patria; es un lucero más estrellado en el Firmamento”; esto dicho con énfasis, y con elocuencia, después de hallarse muy empolvados ya se puede suponer lo que representa: una degeneración – un caso histórico.

__________________

(1) Tercer folleto: Los Maestros y Vilanova dos Infantes. Nos Apuntes para el porvenir (páxinas 34-38), dos cadernos de José Camilo Soto Losada, copia facsímil da familia. Sen data. Probablemente, finais dos trinta, principios dos corenta.

(2) M. Blanco Conde (falecida en 1963, aos 75 anos), mestra e nai de Antonio López Blanco.

(3) Antonio López Blanco, veciño de Celanova. Mobilizado polas tropas sublevadas, morreu na fronte de guerra en 1938 a idade de 15 anos. En 1972 as autoridades franquistas déronlle o seu nome unha rúa: Avenida López Blanco, que permaneceu no rueiro até 2017 cando o goberno municipal con maioría absoluta do PP decidiu cambialo polo de Avenida Miguel Ángel Blanco, ignorando a Lei de Memoria Histórica de 2007 en vigor. O Concello recibira meses antes a notificación da denuncia do avogado Eduardo Ranz sobre a permanencia dunha rúa de simboloxía franquista en Celanova, afectada pola Lei de Memoria.

(4) Isauro López Montero (falecido en 1966, aos 74 anos), ocupou o cargo de Secretario Municipal do Xulgado de Celanova nos primeiros anos da ditadura.

A fosa, un ano despois da intervención, co panteón de Isauro López ao fondo.

***

O AUTOR

José Camilo Soto Losada (1876-1952)

Natural de Maside, trasladouse coa familia cando o pai, militar, tivo destino en Celanova. Foi tenedor de libros (contable) dunha familia de terratenentes en Celanova. Despois fíxose mestre e tivo escola en Taboadela e Tamallancos (Vilamarín). É probable, segundo informa a familia, que antes tamén puxera escola na provincia de Pontevedra. Hai referencia da súa participación nun congreso da UGT naquela provincia. Casou con Sara Fernández, veciña de Vilanova e mestra, e tivo seis fillos: Luís, Inés, Sara, Celia, Marina e Xulio. Luís, o maior, naceu en 1902 en Podentes, sendo Sara, a nai, a mestra daquela parroquia. Luís Soto Fernández foi un destacado militante comunista e durante a Guerra Civil acompañou a Alfonso R. Castelao na xira polos Estados Unidos de América en prol da República, despois estableceuse en México e regresou ocasionalmente a Galiza a partir dos anos sesenta. Foi un dos fundadores da UPG, organización da que se desligou aos poucos anos. Morreu no exilio en 1981.

Camilo Soto, aos 75 anos, en 1951.

José Camilo Soto Losada definíase como librepensador e simpatizante das esquerdas, aínda que non consta que mantivera militancia política, e como mestre era seguidor da doutrina de Freinet. Cando o golpe de Estado de 1936 foi detido en Tamallancos e preso en Ourense. Aos poucos días foi trasladado ao cárcere de Celanova. Interrogárono sobre o paradoiro do seu fillo Luís, a quen sorprendera o golpe en Mondariz onde era mestre e estivo fuxido, agochado en Vilanova pola familia uns días, antes de conseguir pasar a Portugal.

Camilo Soto entrou no cárcere de Celanova en agosto de 1936. Mandou recado á familia en Vilanova. E a filla maior, a Inés, encargaríase nas semanas seguintes de lle levar comida a diario porque o Camilo negábase a probar o noxento “rancho” da prisión. Nin a Inés nin a Marina, que agochaban o Luís en Vilanova, lle contaron nada ao pai. Tampouco soubo nada a nai durante os nove meses que permaneceu alí até que chegou o momento de levalo a Tourém, en abril do 37.

Camilo Soto permaneceu no cárcere de Celanova polo menos até novembro de 1936. Segundo as referencias que ofrece nos seus cadernos, estaba na cadea cando foron sacados dela Jacinto Santiago e Elixio Núñez, ambos mestres e membros da ATEO, xunto ao presidente de Izquierda Republicana de Ourense, Fructuoso Manrique. Os corpos destes tres homes e o dun cuarto, o alcalde republicano do Carballiño, Aquilino Sánchez, apareceron nunha estrada do lugar de Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936.

As sacas e os paseos mesmo en lugares próximos eran continuos desde os primeiros días. A muller de Camilo Soto moveuse até conseguir a súa liberación a través do Gobernador Civil. Foi depurado como mestre, e nunca volvería exercer. Non quixo nin cando, pasados os anos, puido volver a exercer. Aínda que mantiña relación coa muller e cos fillos, foi vivir de alugueiro para unha casa en Vilanova. Cando os propietarios venderon a casa, veu vivir para Celanova, para a rúa Manuel Lezón, a unha antiga propiedade familiar.

“El dicía que descendía dos condes de Losada. Era alto, delgado, sempre vestido de negro e cun bastón de puño dourado. Distinguido, altivo, pulcro, obsesivo coa limpeza e coa orde. Subía todos os días á Gandarela onde un amigo comunista, que tiña unha radio para escoitar Radio España Independiente. Esperou a volta da democracia. Sempre tivo esa esperanza porque nos anos corenta parecía posible”, conta Celia Inés Feijóo Soto, a neta, sobriña de Luís Soto, filla de Constantino Feijóo, tamén preso no cárcere coma un dos concelleiros da Fronte Popular na corporación municipal de Celanova, cando un irmán seu, Xosé (a quen non encarceraron), comunistas ambos, como o Luís.

Entre Celanova, breves estancias en Ourense, na casa da segunda filla, e Vilanova, na casa da muller e dos fillos, pasou os seus últimos anos. Viviu de facer traballos, algúns como procurador. O fillo pequeno, Xulio, puxo unha academia en Celanova. “Un día, o médico, o Meixengo, que era amigo del, díxolle ao Xulio que o pai estaba moi mal, que non podía estar só”, conta Celia Inés. Afeccionado á botánica, Camilo Soto tiña unha colección de herbas que regalou ao médico. E foi morrer á casa de Sara Fernández. “A miña avoa tiña medo que non o enterraran en terra sagrada. Confesou e recibiu o viático para que se vira que don Camilo morrera cos santos sacramentos”. Está enterrado en Vilanova, xunto a muller, que faleceu en 1976.

***


2 comentarios

Agosto de 1936, a instauración do terror en Celanova (I) – memoriacelanova · 17 Agosto, 2024 ás 7:59 a.m.

[…] finais de mes, Celanova estaba xa asociada ao cárcere e á morte, como deixou testemuña o mestre Camilo José Soto Losada, cuxa testemuña sobre aqueles días publicaremos como remate desta […]

Os cárceres de Camilo Soto – memoriacelanova · 27 Agosto, 2024 ás 10:33 a.m.

[…] Os cadernos de Camilo Soto […]

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario