O 29 de agosto de 1936, na Poza das Ras foron tiroteados até a morte, e abandonados alí os seus corpos para espallar o terror entre a veciñanza, Julio González Álvarez, de 25 anos, natural de Verea e mestre en Gontán (Verea); Amadeo López Bello, de 32 anos, natural de Carballeda de Avia e mestre en Beiro (Carballeda de Avia); Silvio Torres Díaz, de 23 anos, natural de Ourense, chofer de profesión e veciño do Couto (Ourense); e Eloy Romero Luis, de 28 anos, natural de Vilardevós e farmacéutico en Leiro, que fora presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense..
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Concello de Verea organizan este domingo, xunto coas familias, unha homenaxe a aquelas vítimas.
ACTO
Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras
- Interverán familiares das vítimas, o alcalde de Verea, José Antonio Pérez Valado, e a presidenta do Comité, Celia Inés Feijóo Soto.
DÍA
Domingo, 3 de setembro.
HORA E LUGAR
12:00 horas na Poza das Ras (Ourille, Verea).
0 comentarios