Hai dúas semanas, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, por medio da súa presidenta Celia Inés Feijoo Soto, solicitou a asociación de comerciantes 𝙲𝚎𝚕𝚊𝚗𝚘𝚟𝚊 𝙲𝚑𝚎𝚊, a través do seu presidente Jorge Cardoso, a corrección dun erro na convocatoria dunha andaina de promoción do comercio. [ver nota de prensa 👉 https://bit.ly/37LR4Lh]
O erro refírese ao descoñecemento por parte da directiva da asociación do topónimo OFICIAL do 𝗢𝘂𝘁𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗮 𝗢𝗯𝗿𝗮. Un erro que tamén ten implicacións desde o punto de vista da Lei de Memoria Histórica de 2007, aprobada polo Goberno Zapatero, que converte en ILEGAL a sinaléctica que agocha este topónimo, deturpado durante décadas pola propaganda falanxista e a pervivencia do franquismo.
𝙲𝚎𝚕𝚊𝚗𝚘𝚟𝚊 𝙲𝚑𝚎𝚊 ignorou a petición deste Comité, que onte, día de celebración da andaina, distribuíu entre os participantes un folleto explicativo sobre a historia da denominación OFICIAL e LEGAL do 𝗢𝘂𝘁𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗮 𝗢𝗯𝗿𝗮.
Este Comité lamenta que a directiva da asociación de comerciantes, que representa a maioría de comerciantes de Celanova, ignore e desprece o respecto á verdade histórica e contribúa conscientemente a perpetuar a exaltación do franquismo, actitude contraria á Lei.
Este Comité presentará tamén unha queixa diante da 𝚇𝚞𝚗𝚝𝚊 𝚍𝚎 𝙶𝚊𝚕𝚒𝚌𝚒𝚊, que, con cartos públicos, financiou unha actividade na que se ignorou a Lei, lembrando que no borrador de reforma da Lei de Memoria Histórica que segue o seu trámite no Congreso dos Deputados o desacato da Lei por parte de institucións públicas e privadas pode dar lugar a sancións e á retirada de axudas públicas no caso de entidades privadas.
0 comentarios