O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova dirixiuse onte, luns 7 de marzo, á asociación de comerciantes Celanova CHEA para solicitar que na promoción dunha andaina até o Outeiro da Obra, organizada por esta asociación e prevista para o próximo día 19, adapte o topónimo oficial e histórico de Outeiro da Obra. O Comité apela a sensibilidade dos comerciantes coa memoria das vítimas do fascismo e lembra que o Informe Nº1 deste Comité deixou asentada a recuperación dunha verdade histórica: o carácter fascista e contrario á lei de memoria de 2007 do monumento alí levantado en 1939 por unha unidade militar falanxista. O mesmo Informe recupera o topónimo histórico do espazo: o Outeiro da Obra.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova ten dirixido peticións ás institucións locais e ao Goberno do Estado para que se aplique a lei en vigor sobre ese símbolo fascista, que inclúen a recuperación do topónimo de Outeiro da Obra na sinaléctica.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova ofreceu á asociación de comerciantes Celanova CHEA a posibilidade de impartir unha breve charla informativa coincidindo coa andaina, para que as participantes coñezan a historia do símbolo e o significado histórico e político do espazo, en base á documentación e ao traballo memorialístico que leva realizando este Comité desde hai máis dun ano.

Categorías: Comunicados

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario