“Non só os aliados do Goberno e as vítimas do franquismo tacharon de “insuficiente” a nova Lei de Memoria Democrática. Tamén, o actual relator especial da ONU para a promoción da Verdade, a Xustiza, a Reparación e as garantías de non repetición, Fabián Salvioli, cualificou o proxecto de lei do Executivo de “insuficiente”, a pesar de ser “encomiable” e de dar “pasos cara a adiante indubidables”.
Durante a súa participación no acto de Memoria, Xustiza, Educación organizado por Unidas Podemos no Congreso, Salvioli referiuse desta maneira sobre a iniciativa memorialista cuxa tramitación se mantén conxelada no Congreso ante a falta de apoios. “Non se trata dunha cuestión de vontade, son obrigas xurídicas que teñen unha ancoraxe clarísimo no Dereito Internacional dos dereitos humanos e que son exixibles para España”, expresou.
Estrato da informació aparecida no diario Público o pasado 9 de febreiro 👉 https://www.publico.es/politica/memoria-democratica-relator-onu-justicia-reparacion-congreso-nueva-ley-memoria-insuficiente.html
Fabián Salvioli, arxentino, é avogado e profesor en dereitos humanos na Facultad de Derecho de la Universidad de La Plata. Ten un doutoramento en Ciencias Xurídicas e unha mestría en Relacións Internacionais. Asumiu as súas funcións como Relator Especial sobre a promoción da verdade, a justica, a reparación e as garantías de non repetición o 1 de maio de 2018.
“Cando un país nega o seu pasado durante moitos anos hai un problema: non se pode pasar páxina antes de lela”, dixo Salvioli nunha entrevista na SER, e mencionou o caso alemán: “Hai que ver como se teñen resignificado os campos de concentración, o lugar do xuízo de Nuremberg, o currículo educativo. É un exemplo no proceso de memoria”.
“Isto é xustiza, non é vinganza. As vítimas piden xustiza, que é xusto o contrario á vinganza. Creo na madurez da sociedade española. Quen se opoñen a isto e crean pantasmas é porque en realidade non queren que se poña a verdade sobre a mesa”, aclarou. Para Salvioli, o “fundamental” é que a sociedade teña valores de convivencia, de democracia e, sobre todo, que non esqueza os dereitos humanos.
ENTREVISTA 👉 na SER https://youtu.be/1szELa2N2fw
0 comentarios