O equipo de Histagra, da Universidade de Santiago de Compostela, e a Viceconsejería de Presidencia del Gobierno de Asturias mantiveron o 17 de xaneiro pasado a primeira reunión conxunta para iniciar os trámites que permitan exhumar este ano, 2022, a fosa do cemiterio de Celanova, documentada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, na que poderían estar soterrados sete milicianos asturianos fusilados o 22 de setembro de 1939 por un pelotón da Bandera de Falange de Marruecos.

Fernando Serrulla*, médico forense que fai parte do equipo de Histagra, encargado pola Xunta de Galiza de levar adiante exhumacións en Vilagarcía de Arousa e Crecente no segundo semestre de 2021, viaxou esta semana a Oviedo para realizar as probas de ADN a dúas familiares de dous dos asasinados en Celanova aquela mañá de setembro de 1939.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, que contou desde o principio co apoio do Goberno de Asturias, organizou un acto no Instituto de Celanova, prisión central desde a guerra até 1943, de homenaxe aos 7 fusilados o pasado 25 de setembro. A raíz da divulgación da súa memoria, apareceron familiares de dous dos asasinados: Abelardo Suárez del Busto e Marcelino Fernández García. Unha das familiares, Gracia, neta de Abelardo, visitou Celanova en outubro. Coa filla de Marcelino, Josefa, o Comité entrou en contacto a finais dese mesmo mes.

*O nome do médico é Fernando; non Francisco como por erro figuraba na nota de prensa do día 10.02.22

NA PRENSA

LAREGION: https://www.laregion.es/articulo/celanova/arrancan-tramites-exhumar-fosa-cementerio/202202112242411105661.html

NóSDIARIO: https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/comezan-tramites-exhumar-fosa-celanova/20220211092845137188.html

GCONFIDENCIAL: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/188939-comezan-tramites-exhumar-fosa-celanova-poderia-haber-sete-milicianos-asturianos-fusilados-1939

FARO. https://www.farodevigo.es/ourense/2022/02/12/inician-tramites-exhumar-siete-fusilados-62603518.html

ENTRENÓS. https://www.entrenosdigital.com/articulo/sociedad/usc-goberno-asturias-comezan-tramites-exhumacion-da-fosa-celanova/20220211105458013539.html

LATERCERA: https://www.tercerainformacion.es/articulo/memoria-historica/12/02/2022/la-universidad-de-santiago-de-compostela-y-el-gobierno-de-asturia-comienzan-los-tramites-para-iniciar-la-exhumacion-de-la-fosa-de-celanova/

LAVOZ. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2022/02/12/gobierno-asturias-inicia-tramites-exhumar-fosa-cementerio-celanova/0003_202202O12C8996.htm

ELESPAÑOL: https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/primer-paso-para-exhumar-la-fosa-de-celanova-ourense-donde-podrian-estar-siete-fusilados

GPRESS: https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/primer-paso-para-exhumar-la-fosa-de-celanova-ourense-donde-podrian-estar-siete-fusilados

Categorías: Comunicados

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario