Luís Soto (1902-1981)

▪️ Participa na sociedade agraria Aires da Miña Terra, en Vilanova.

▪️ Funda o xornal El Eco de Huinca Renancó (Arxentina)

▪️ Colaborador de La República, xornal ourensán que dirixiron Jacinto Santiago e, despois, Roberto Blanco Torres.

▪️ Fundación de ATEO, Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, que presidiu en 1934.

▪️ Publica en Escuela del Trabajo, órgano de ATEO, da que é co-director en 1932.

▪️ Participa na creación do PCE (Partido Comunista de España) en Ourense.

▪️ Funda El Soviet, órgano do PCE en Ourense.

▪️ Participa na Comisión Nacional de Socorro aos Mestres Presos e ás súas Familias.

▪️ Con ATEO, intégrase na FETE, Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza.

▪️ Funda o Centro de Colaboración Pedagóxica de Mondariz.

▪️ Socio da Sociedade de Amigos da URSS.

▪️ Participa na FGTE, Federación Galega de Trabajadores de la Enseñanza.

▪️ Participa na campaña electoral de 1936 coa Fronte Popular.

▪️ Participa na campaña pola aprobación do Estatuto Galego en 1936.

▪️ Membro do Comité Regional do PCE.

▪️ No comezo da guerra, entra a formar parte da Ejecutiva Nacional da FETE (UGT).

▪️ Director de El Magisterio Español, órgano da FETE.

▪️ Participa na Comisión de Axuda á Fronte de Guerra.

▪️ Secretario do Comité de Enlace entre a FETE e a Federación de Sindicatos de la Educación (CNT).

▪️ Secretario Xeral de Solidariedade Galega Antifeixista.

▪️ Director de Nueva Galicia, en Barcelona, órgano da SGA.

▪️ Como secretario xeral da SGA, acompaña a Castelao na xeira polos EUA e Cuba en 1938-39.

▪️ Representa a ITE, Internacional de Traballadores do Ensino, en congresos de sindicatos marxistas nos EUA.

▪️ Participa no Buró Hispano y Latino Americano. (Cuba)

▪️ Participa nas eleccións á dirección do Centro Galego de La Habana.

▪️ Convidado á III Asemblea do Partido Comunista Cubano.

▪️ Participa no I Congreso Internacional de Mestres en La Habana, 1939, como representante da ITE.

▪️ Participa na Comisión Galega do PCE, 1940. (México)

▪️ Director de Loita, órgano da CGPCE (Comisión Galega do PCE).

▪️ Participa no Congreso Nacional de Educación, en México en 1939, como representante da FGTE.

▪️ Na revista Eduación. Revista de pedagogía y orientación sindical. (México)

▪️ Fai parte da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza en el Exilio.

▪️ Na Comisión de Ayuda al Magisterio Español Republicano.

▪️ Participa no Grupo de Fetistas de México.

▪️ No 42, participa na creación en México do Grupo Galego da UGT, Unión General de Trabajadores.

▪️ Fundador e directivo do Fogar Galego en México, 41-42, institución que tería réplicas en Uruguai e Cuba.

▪️ Fundador da Alianza Nazonal Galega (ANG) en 1942 en México.

▪️ Na redacción de Galicia, órgano da ANG.

▪️ Vogal na Coordinadora de Entidades Republicanas.

▪️ Autor da proposta do Partido Único do Proletariado Galego, unidade entre PCE e PSOE.

▪️ Participa na Comisión Gallega de Ayuda a la Junta Suprema de Unión Nacional (JSUN), 1944.

▪️ Proposta a Castelao da unidade do antifascismo galego, en 1945.

▪️ Na redacción de España Popular, e no consello de redacción de Nuestra Bandera, órganos do PCE.

▪️ Expulsión do PCE en 1950. Reincorporación en 1958.

▪️ Na revista Saudade, México 1952.

▪️ Colabora no Comité de Apoyo a la Revolución Cubana.

▪️ Fundador do Padroado da Cultura Galega, en México, entidade da que chegaría a ser secretario xeral.

▪️ Fundador e co-director de Vieiros, revista do Padroado da Cultura Galega, en México en 1959.

▪️ Membro do Consello de Galiza.

▪️ Abandona definitivamente o PCE en 1963.

▪️ Fundador da UPG, Unión do Povo Galego, en 1964.

▪️ Fundador de Terra e Tempo, órgano da UPG en 1965.

▪️ Participa na organización e na homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no Hotel Roma de Ourense en 1966.

▪️ Participa como representante do Padroado da Cultura Galega nos plenarios da Federación Mundial de Sociedades Galegas.

▪️ Participa no III Congreso da Emigración Galega, na Coruña en 1971.

▪️ Abandona a UPG en 1976.

▪️ Afiliado á Confederación Sindical Galega (CSG).

▪️ Fundador e presidente do Partido Galego do Proletariado, formación independentista e marxista-leninista.


👉 con información tirada do libro de Xurxo Martínez González, “Luís Soto. A xeira pola unidade galega“.

Luís Soto nos anos da guerra.
Categorías: Anacos da historia

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario