O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova organiza o coloquio Luís Soto, político, arredor da figura do mestre e xornalista veciño de Vilanova dos Infantes que se converteu nun dos principais actores políticos do exilio mexicano, fundador do Padroado da Cultura Galega en México e da revista Vieiros, dirixente comunista e galeguista após a guerra.
No coloquio participarán a presidenta do Comité, Celia Inés Feijoo Soto, sobriña de Luís Soto, e o historiador Xurxo Martínez González, autor de Luís Soto: a xeira pola unidade galega.
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova homenaxe con este ano a Luís Soto no corenta aniversario do seu pasamento en México, o 12 de novembro de 1981.
COLOQUIO LUÍS SOTO, POLÍTICO.
Lugar: Teleclub. Vilanova dos Infantes
Hora: 11.30. Sábado 13 de novembro
Necesario anotarse no correo do Comité: memoria.celanova@gmail.com
0 comentarios