“Canción da Carceleiriña”, un poema de Xosé Velo.
I eiche chamar carceleira
e carceleiriña linda,
pois queiras ou non, doncela,
son teu prisioeiro aínda.
Cárcer sin ferrollos chocos,
reixas de mel e surrisos,
crariña limpa, soallada,
amante coa tua lediza.
Prisioeiro neste ceo
onde fas tan ben de estrela!
miña i-alma prisioeira
da linda carceleiriña.
Conqué vontade deixara
si fosen así os presidios,
prenderme unha vez e outra!
como amaría o “delito”
Se me souber apresado
decote coma arestora
prendado do teu coidado
a miña i-alma que chora!
Eh! Te non anoxes , miniña
si che chama carceleira,
miña i-alma prisioeria
da linda carceleiriña.
ADAPTACIÓN E MÚSICA: Sindo Otero
0 comentarios