Xosé Velo e o Galeuzca de 1959″ é o título da conferencia que o historiador XOSÉ ESTÉVEZ, profesor emérito da Universidade de Deusto, impartirá este xoves, 29 de xullo (20.00 horas), na Casa de Curros, en Celanova.
A presentación do acto corre a cargo de Xoán Carlos Domínguez Alberte, membro do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. E haberá unha actuación musical de Miguel Abalo e Sindo Otero, sobre un poema de Pepe Velo.
Antes da conferencia, o pintor BALDOMERO MOREIRAS presentará o cartaz que elaborou para a Homenaxe do 22 de setembro aos 7 milicianos asturianos fusilados e enterrados no cemiterio de Celanova en 1939.
NOTA DO 5 DE AGOSTO: A conferencia tivo que ser aprazada o día 29 por unha alerta covid, e celebrouse finalmente o xoves da semana seguinte, no mesmo escenario e co mesmo programa.
0 comentarios