O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova celebra o seu primeiro acto público en Celanova este próximo sábado, 29 de maio, ás cinco da tarde.

Haberá nunha presentación, por parte de membros do Comité, dos traballos de documentación do principal símbolo franquista desta comarca, o monumento do Outeiro da Obra, de da foxa común no cemiterio da mesma localidade na que foron enterrados os sete últimos presos fusilados no cárcere de Celanova.

EVENTO NO FACEBOOK 👉 https://www.facebook.com/events/526886391816713

Ambas investigacións están relacionadas polo fío da autoría dos dous feitos: o levantamento do monumento de exaltación do golpe de Estado e da guerra, e as execucións dos sete milicianos apresados na caída de Asturias. Foi a Bandera de Marruecos quen levantou o monumento en agosto do 39, a apenas mes e medio despois que disparou contra os republicanos diante dos muros do cemiterio.

O acto celebrarase no Refectorio do Claustro Barroco do mosteiro de Celanova (acceso pola praza Maior). O Refectorio foi o primeiro espazo ocupado polos golpistas para ser utilizado como cárcere, e foi onde se produciron as primeiras sacas no verán do 36. Constitúe, polo tanto, un lugar de memoria, e por iso este Comité solicitou celebrar nel o seu primeiro acto público na vila.

O acto celebrarase con todas as medidas de precaución que esixe a actual situación sanitaria, das que iremos informando nos próximos días.

Categorías: Comunicados

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario