LIGAZÓN PARA ASINAR O MANIFESTO:

https://forms.gle/a2v7c8G4M5Mhf4HH7

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova datou a inauguración do monumento falanxista do Outeiro da Obra no 8 de agosto de 1939. Foi nunha cerimonia de homenaxe “a los caídos de la Cruzada” protagonizada polos discursos do coronel Joaquín Ríos Capapé, xefe da 18ª División, e do tenente coronel Nemesio Fernández Cuesta, á fronte da Bandera de Marrocos, de gornición en Celanova, segundo relata unha ampla crónica do xornal falanxista ourensán Arco e recollen outros medios como ABC e La Vanguardia nas edicións do día seguinte.

En la mañana de ayer tuvo lugar en la cercana villa de Celanova, un gran acto patriótico organizado por la Bandera de Marruecos, de guarnición en la localidad (…) En la cumbre del monte de la Obra, desde donde se extiende la vista por un amplio horizonte en cuyos confines se unen el cielo y la tierra, como símbolo de la conjunción del Creador y de los creado, se alza desde hoy solemne y emocionante la Cruz, símbolo imperecedero e indestructible de nuestra Fe“, comeza a crónica a catro columnas no diario Arco.

Na crónica do día 10* de La Vanguardia lese: “Se celebró Misa de campaña y seguidamente se inauguró un monumento a los héroes de la Santa Cruzada. Luego las fuerzas que asistieron al acto desfilaron al mando del teniente coronel Fernández Cuesta. Para asistir a estos actos, llegó de Orense el coronel Ríos Capapé, héroe de la Ciudad Universitaria (…). El coronel Ríos Capapé pronunció un elocuente discurso ensalzando el heroico comportamiento de 1a Bandera de la Falange de Marruecos. Se vitoreó a España y al Caudillo y finalmente se cantó el «Cara al Sol»”.

“Hoy formasteis aquí, en estas agrestes montañas, bajo este hermoso cielo gallego y ante esta cruz que es el símbolo de la paz de vuestros muertos (…). Más de 800 muertos dejasteis sobre el campo de batalla, más de 800 luceros que os contemplan y os agradecen este acto de Fe”, clamou o coronel Ríos Capapé –segundo recolle o diario Arco–, que era fillo dun militar nado en Celanova, Manuel Ríos Fernández, destinado a Figueres (Xirona) onde naceu Ríos Capapé.

O informe histórico elaborado polo Comité subliña que malia celebrarse unha “misa de campaña”, resulta rechamante a ausencia no relato das crónicas de autoridades relixiosas, en contraste coas autoridades militares e falanxistas, o que deixa patente a finalidade estritamente propagandística do monumento. Con posterioridade á inauguración do monumento, o Concello de Celanova acordou contribuír “con la suma de quinientas pesetas como suscripción al homenaje de que se hará objeto a la Bandera de Marruecos, que guarnece esta plaza de Celanova”.

O acto de despedida no mes de setembro de 1939 mereceu a crónica en La Región do día 30 daquel mes. “A las once y media estaba señalada la celebración de una misa que ante la cruz de los Caídos, erigida en un montículo que domina la villa había de ser aplicada por todos los camaradas de la Bandera de Marruecos que durante los tres años de campaña regaron con su sangre la tierra española. El señor comandante con su alocución dijo: ‘Señor alcalde, yo espero que sabréis perpetuar esta cruz que nosotros os legamos como recuerdo de nuestros muertos”.

“É evidente o carácter de elemento de exaltación do golpe de Estado do 36, da represión e da ditadura que representa este monumento. O informe elaborado por este Comité é rotundo ao respecto. A lei debe aplicarse de maneira inmediata para rematar con 81 anos de oprobio e humillación das vítimas daquela barbarie”, indica un portavoz Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

O monumento falanxista está situado a 595 metros da praza Maior de Celanova, nunha cota de 614, algo máis de 80 metros sobre a vila, orientado cara o nacente, é visíbel desde moitos puntos do casco urbano e da contorna. Está composto por unha plataforma de dous chanzos, un pedestal de dous corpos e unha cruz latina. Están labrados o escudo oficial do bando sublevado e o emblema de Falange Española, formado polo xugo e as frechas, así como a seguinte lenda: “A los combatientes de la parroquia de Celanova caídos por Dios y España“.

“Era necesario contar esta historia, a historia completa dese memorial fascista que pendurou sobre as cabezas das veciñas e veciños da vila e da contorna durante máis de oitenta anos como unha ameaza perenne que derivou no silencio e no medo. As nosas xeracións vivimos máis da metade das nosas vidas en democracia. É hora de perder o medo, de reparar ás vítimas e de facer xustiza contando a verdade. Non cabe outra cousa, alén do que é obriga legal, que retirar ese símbolo e converter o lugar nun espazo de memoria”, conclúe o portavoz do Comité.

(*) A data da publicación en La Vanguardia foi o 10 de agosto, non o 9 como por un erro aparecía na primeira versión deste texto.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario