Irmáns:
Os tempos son chegados! Mais nós non andamos ao paso do tempo.
Nós imos sempre a destempo para ficar saudosos, dimitidos, no contratempo.
Que ben di o Dieste cando trasuda a súa galeguidade humán nos Mandamentos para axudar a renascenza da Galiza! Ser sempre oportunos, endexamais oportunistas.
Mais, que foi do Alexandre, do Anxel Casal, do Víctor Casas…? Que foi do Castelao…?
Será que lles tocou a morte podre…?
Afinal, que foi do GALEGUISMO.
En certas artes o abstraccionismo aínda é válido, pro en política, en patriotismo, iso ninxeiquer é decorativo. Tamén apodreceu a galeguidade? Nooon.
Os soños de xustiza que moveron a vontade de aquiles mártires están a punto de se realizare. Aínda os galegos emigran. Aínda é asoballada nosa lingua, nosa cultura, nosa capacidade de autodeterminazón. Aínda goberna Claudio, aínda Sejano priva…
Será que xa Galiza é ceibe? Será que non fican fillos capaces de agasallalo? Nooon.
Aínda hai reservas de honestidade, de decisión, de capacidade de acción faústica. Aínda nos emociona Rosalía, nos conmove Pondal, nos arrebata Curros. A matria galega aínda non ten patria. Todos os bos e xenerosos en pé! A HESPAÑA aínda non nasceu.
Iso que está ahí é apenas o estribillo de unha canzón que ninguén fixo, pero que todocristo tarareou. Fagamos a Hespaña dende cada recanto das nosas nazóns ceibes. Crebémol-as buxelas. Destituamos todos os puntos cardinais que as separan. Non hai máis norte nin sul, nin máis este nin oeste. Soio un punto cardinal: O HOME.
En Galiza Ceibe! A vintecinco de Sant-Iago.
(Carlos Junqueira de Ambía)
Texto orixinal da arenga lida pola megafonía do barco Santa Liberdade despois de pasar a illa de Curação. O discurso prevía un futuro que non aconteceu, por iso está asinado o “25 de Santiago” (1961).
0 comentarios