O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova fai pública a acta fundacional da Mocedade Galeguista de Celanova, que data do 15 de xullo de 1932 e no que aparecen as sinaturas de Xosé Velo (como presidente), Celso Emilio Ferreiro (vicepresidente).

O documento conservábase na casa familiar do mestre celanovés Odilo Pérez Fernández, o cal tiña gran amizade con Xosé Velo. O Comité de Memoria Histórica de Comarca de Celanova revisou a bibliografía publicada e consultou con estudosos do galeguismo como Argimiro Rojo, Xavier Castro, Justo Beramendi e Ramón Nicolás que manifestaron descoñecer o documento.

O texto, que está redactado en castelán para poder ser oficialmente rexistrado, consta de 9 artigos que baixo o título de “Estatutos” estipulan o funcionamento e organización, os obxectivos e os medios para logralos. Responde a un modelo establecido, seguramente polo Partido Galeguista, “cuyos Estatutos acepta y a ellos se somete” (art.3). Entre os seus fins está o de traballar a prol dun “régimen autonomo en Galicia” (art.2). O art.9 fixa o seu domicilio social no número 17 da rúa Curros Enríquez. Figuran José Velo Mosquera como presidente e Emilio Ferreiro Míguez como vicepresidente.

EN PRENSA

La Voz de Galicia (14.10.2020) A fundación do galeguismo en Celanova. Presentan a acta da creación da Mocedade Galeguista da vila en 1932.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2020/10/14/span-langgl-fundacion-do-galeguismo-celanovaspan-acta/0003_202010O14C5991.htm


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario