O 22 de setembro de 1939 os fascistas segaron a vida de 7 reclusos na Prisión Central de Celanova.
Segundo se deduce das partidas de defunción, os fusilamentos tiveron lugar ás 7 horas. Foi contra o muro oeste do cemiterio de San Breixo, segundo testemuños indirectos. A data é significativa, pois apenas dous días despois celebrábase a festividade da Mercé, patroa das prisións. Os corpos foron soterrados nunha foxa común do cemiterio, onde aínda permanecen (atá decembro de 2023, cando foron exhumados). A inscrición no Rexistro Civil fíxose por comunicación do “Juzgado eventual de la Bandera de Falange de Marruecos”, unidade militar responsable das mortes e que permaneceu con gornición na vila durante dous meses. Salvo Alonso Moreno Gayol, natural de Salamanca, o resto de fusilados eran asturianos, naturais das poboacións de Mieres, Sama de Langreo e Xixón. Chama a atención a súa xuventude. De acordo coa lexislación da época, que establecía a maioría de idade aos 21 anos, un deles aínda era menor.
Á espera dunha necesaria homenaxe, queremos lembrar os seus nomes. Eles son semente de futuro:
– Baldomero Vigil Escalera Vallejo, pintor, 19 anos.
– Marcelino Fernández García, mecánico, 21 anos.
– Guillermo de Diego Álvarez, chofer, 25 anos.
– Alfonso Moreno Gayol, chofer, 26 anos.
– Abelardo Suárez del Busto, albanel, 28 anos.
– Belarmino Álvarez García, mineiro, 29 anos.
– Mariano Blanco González, litógrafo, 36 anos.
0 comentarios